BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

blogue deprofe1

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2020-21

 

 NÚMERO DE POSTOS ESCOLARES VACANTES   (Curso 21-22)

INFANTIL DE 3 ANOS.................................  25  (3 neae)                      

INFANTIL DE 4 ANOS.................................   1                    

INFANTIL DE 5 ANOS.................................   0                    

 PRIMARIA

PRIMEIRO......................................................  6    (3 neae)                 

SEGUNDO....................................................... 24                        

TERCEIRO......................................................   4                      

CUARTO..........................................................  0                   

QUINTO...........................................................   0                    

SEXTO..............................................................27               

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2020-21

RECREOS RESIDUOS CERO

Na liña do noso proxecto "Mosteiro en verde", desde o centro propoñemos esta iniciativa para reducir o consumo de residuos no noso día a día. Para isto propoñemos o reto "MERENDAS CERO RESIDUOS", coa finalidade de motivar ao noso alumnado a reducir os residuos nos seus almorzos, así como de evitar, na medida do posible, o emprego de briks, botellas, envases de plásticos e o papel de aluminio. 

RETO: INTENTAREMOS COMER FROITA E EMPREGAR ENVASES REUTILIZABLES E CANTIMPLORAS. 

Continuamos co noso compromiso de coidar do medioambiente...

I CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS DE NADAL

Este ano desde o centro convocamos o "I CONCURSO DE POSTAIS DIXITAIS" para elixir a postal de Nadal que se convertirá na felicitación oficial de Nadal do noso centro.

 

Animádevos a participar e crear a vosa postal de Nadal de xeito dixital antes do 2 de decembro. Cal será a elixida?

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado día 24 de Outubro festexamos no cole o Día Internacional das Bibliotecas Escolares facendo entrega aos nenos e nenas e Infantil, 1º e 2º Primaria do marcapáxinas gañador do último concurso da Muller Traballadora. 
Ademais, aproveitando que tamén se festexamos o Día do Cambio Climático, tivemos a visita da Bióloga Dª Elena Benito, que nos falou da importancia do coidado do solo para a vida do noso planeta.
No blogue da biblio tedes máis fotiños.
 
Unha aperta familias. 
 

SEMANA POLO CLIMA

A pasada semana conmemoramos no cole a "Semana polo clima", levando a cabo diferentes actividades para concienciarnos da importancia de coidar do medio ambiente para iniciar o noso proxecto de centro "MOSTEIRO EN VERDE". 

No enlace podedes observar algunhas imaxes e videos desta experiencia. 

https://ceipmosteirobembrive.blogspot.com/2019/10/semana-do-clima.html

ACTO 50 ANIVERSARIO

Se queredes ver unha mostra do 50 aniversario premede aquí.

 

PREMIOS 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

XIANA FIGUEROA, ALUMNA DE TERCERO, RECIBINDO UN DOS PREMIOS A REDACCIÓN SOBRE  A IGUALDADE DA MULLER NA ENTIDADE DE BEMBRIVE.

                                 Foto   Foto

PREMIOS 8 DE MARZO DÍA DA MULLER

XIANA FIGUEROA, ALUMNA DE TERCERO, RECIBINDO UN DOS PREMIOS A REDACCIÓN SOBRE AO DÍA DA IGUALDADE DA MULLER NA ENTIDADE DE BEMBRIVE.

                                 Foto   Foto

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN

O MARTES 26 DE XUÑO ÁS CINCO DA TARDE, TERÁ LUGAR UNHA REUNIÓN PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN NA QUE TRATARÁNSE OS ASPECTOS IMPORTANTES SOBRE O FUNCIONAMENTO DO CENTRO E DE AULA.ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA.

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo