BENVIDA

 No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.

BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!

CONMEMORACIÓNS

ENTROIDO 2021. UN ENTROIDO "DIFERENTE" PERO XENIAL

Este ano gozamos dun Entroido algo distinto no cole, pero entre todos/as fixemos que fora especial e sobre todo, MOI DIVERTIDO! Aquí deixamos fotiños e vídeos dalgunhas das actuacións que fixeron os nosos alumnos/as para os seus compañeiros.

Gozade destes días de descanso!Sorriso

 Premede na imaxe para acceder á galería

FELICITACIÓN DE NADAL 6º RELIXIÓN

O alumnado de 6ºA e 6º B de Relixión, con moita ledicía e esperando que vos guste, presentan e felicitan o Nadal cun Belén Vivente que improvisamos na aula.

Un Belén especial, pois os personaxes máis importantes do Portal, levan máscara; esta situación que está a acontecer, non vai impedir que o Espírito do Nadal estea presente en todos nós.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

 

DÍA DO LIBRO 2020. RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NOSO ALUMNADO

Un Día do Libro diferente, nas nosas casas, pero cheo de recomendacións lectoras dos nosos nenos e nenas. Premede no ENLACE para acceder a todos os contos que nos enviaron, e lembrade, TER UN LIBRÉ TER UN AMIGO

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL

Convocamos o I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL para conmemorar o Día do medioambiente que festexamos o vindeiro 5 de xuño.

 

Animádevos a realizar a vosa composición de refugallo e a fotografiala... Quizais sexas o gañador ou gañadora!

PILLARRATOS INVÍTANOS A FESTEXAR O DÍA DO LIBRO!

Este xoves é o Día do libro e Pillarratos non quere deixar pasar esta festividade tan importante, así que invítanos a festexalo todos xuntos/as desde as nosas casas... ANIMÁDEVOS FAMILIAS!!Risa  PREME NO SEGUINTE ENLACE!!

TER UN LIBRÉ TER UN AMIGO

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Este 8 de marzo conmemoramos no cole o Día internacional da muller elaborando carteis e postais adicadas á importancia da igualdade entre homes e mulleres. Ademais, o alumnado de 6ºA e os nenos e nenas de 5 anos traballaron conxuntamente descubrindo a figura de Valentina Tereshkova, a primeira muller en viaxar ao espazo.

Así de fermosa quedou a entrada do cole!

               

Premede na imaxe para acceder a máis fotografías. 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado xoves día 30 de Xaneiro conmemoramos no cole o "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ" cantando todos xuntos polo planeta.

Aquí tedes o enlace a algunhas fotiños.

https://divermosteiro.blogspot.com/

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado día 24 de Outubro festexamos no cole o Día Internacional das Bibliotecas Escolares facendo entrega aos nenos e nenas e Infantil, 1º e 2º Primaria do marcapáxinas gañador do último concurso da Muller Traballadora. 
Ademais, aproveitando que tamén se festexamos o Día do Cambio Climático, tivemos a visita da Bióloga Dª Elena Benito, que nos falou da importancia do coidado do solo para a vida do noso planeta.
No blogue da biblio tedes máis fotiños.
 
Unha aperta familias. 
 

SEMANA POLO CLIMA

A pasada semana conmemoramos no cole a "Semana polo clima", levando a cabo diferentes actividades para concienciarnos da importancia de coidar do medio ambiente para iniciar o noso proxecto de centro "MOSTEIRO EN VERDE". 

No enlace podedes observar algunhas imaxes e videos desta experiencia. 

https://ceipmosteirobembrive.blogspot.com/2019/10/semana-do-clima.html

Distribuir contido

IES ADSCRITO

IES RICARDO MELLA

Inicio

INICIATIVAS

    

Polos Creativos | Consellería de Cultura, Educación y Universidad

SOMOS EDIXGAL

Plan Dixital - Foto

COLABORAMOS CON...


Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo

Iniciar sesión

PUNTO LARANXA

Punto Laranxa contra o acoso escolar

DOCUMENTACIÓN DE CENTRO

PROXECTOS

EQUIPOS DOCENTES

BLOGUES

 
 

REDES SOCIAIS

  

AULA STEAM

VOZ NATURA

Voz Natura | CEIP Plurilingüe Ría do Burgo