BENVIDA
No CEIP Mosteiro-Bembrive ofertamos un modelo de ensinanza afectiva e acolledora, aberta á comunidade, inclusiva, motivadora e participativa, coa finalidade de que, día a día, o noso alumnado experimente multitude de vivencias que lles permitan medrar como persoas con valores.
BENVIDOS/AS Á NOSA ESCOLA!
FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.CURSO 2023/24
Enviado por admin2 o Ven, 19/05/2023 - 11:35
ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Comunicamos a apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24.
Preme AQUÍ para acceder á aplicación FondoLibros
Comunicamos a apertura do prazo para o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24.
Preme AQUÍ para acceder á aplicación FondoLibros
PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 21 de xuño de 2023.
PARTICIPANTES:
- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: Alumnado que pasa a cursar 3º e 4º de Educación primaria. o alumnado que pase a cursar E-DIXGAL (5º e 6º de Educación primaria) está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
- AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO. As axudas para adquirir libros e material están destinadas ao alumnado que o vindeiro curso estará en 1º e 2º de Educación primaria.
- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. Destinadas ao alumando de Educación Primaria.
MODALIDADE DE PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
»
- APIs de Blogue