Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2022-23

NO TABOLEIRO DE SECRETARÍA ESTÁ EXPOSTA A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL PARA O CURSO 2022-23.

LISTAXES DE SOLICITUDES PRESENTADAS DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

No taboleiro da secretaría do centro educativo están expostas as listaxes de solicitudes presentadas para as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 2021-22.

FESTA FIN DE CURSO 2021/22

Rematamos o curso 2021/22 cunha gran festa de despedida, que tan merecida tiñan os nosos nenos e nenas tras varios cursos limitados polo protocolo COVID. Deixamos a continuación un video resumo do último día de clase. Esta festa foi posible grazas á colaboración da ANPA PICAPEIXE, ó Concello de Cedeira, ao persoal docente e non docente do noso centro educativo e ás nais colaboradoras nos obradoiros. 

Dende o CEIP Nicolás del Río desexámosvos a todos e todas que pasedes un bo verán! Vémonos no curso 2022/2023! 

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022/23

Dende o día de hoxe, 19 de maio, ata o 22 de xuño, ábrese o prazo de presentación de solicitudes para as axudas de libros de texto e material esolar para o curso 2022/23. (Orde do 29 de abril)

Nota informativa

Modelo de solicitude Anexo I

Modelo de solicitude Anexo II

Prazos

Pódense presentar as solicitudes presencialmente na secretaría do centro educativo ou ben telemáticamente https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ ou na sede electrónica da Xunta de Galicia  (necesario o certificado dixital ou chave). 

Recórdase que o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, para ter dereito a esta axuda hai que ter devoltos os libros do curso 2021/22 con data límite 20 de xuño.

ROTEIROS SAUDABLES

ROTEITOS SAUDABLES
 
DÍA DA SAÚDE
 
Actividade prevista para o día da saúde que se aprazou por mal tempo e faremos xoves e venres.
 
Club de senderismo y actividades en la naturaleza 2019-2020 - Colegio  privado bilingüe en Sevilla - EUROPA INTERNATIONAL SCHOOL
 
(Preme na imaxe para ver o mapa dos roteiros) 

LETRAS GALEGAS 2022

IX FEIRA DOS LIBROS

Por fin chegou o día!

Todo preparado para a celebración do día do Libro, a través dunha aventura espacial con case 900 libros e máis de 250 participantes.

Mañá, martes 26 de abril, entre as 17h e as 18:30 horas, agardámoste na IX Feira dos Libros.

Non olvides traer os teus vales.

E lembra, coa lectura... ata o infinito e máis alá!

Comeza a conta atrás....

Entroido 2022

No presente curso escolar, festexamos o Entroido dun xeito diferente. Recibimos cada día o mandato do Meco, e rematamos a semana cunha xuntanza no patio, para mostrar os sombreiros elaborados nas aulas (ver vídeo resumo do venres). Esperamos o curso seguinte voltar a saír polas rúas.  O xoves 2 e venres 3, o alumnado poderá asistir ao colexio disfrazado. 

 

Día de Rosalía. 2022.

ADMISIÓN CURSO 2022/23

 

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23

(Están publicadas no taboleiro de anuncios de secretaría)

A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA REALIZARASE NA SECRETARÍA DO CENTRO ENTRE O 20 E O 30 DE XUÑO, AMBOS INCLUSIVE

 

 

PUBLICADAS AS LISTAXES DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23

(Están publicadas no taboleiro de anuncios de secretaría

 

 

En caso de separación ou divorcio a solicitude terá que vir asinada por ambos proxenitores e acompañada dunha copia da sentencia.

SOLICITUDE EN GALEGO

SOLICITUD EN CASTELLANO

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro o vindeiro 23 de febreiro as nenas e os nenos do Ceip Nicolás del Río queren compartir con toda a veciñanza estes fermosos versos da autora. Podedes desfrutalos nalgúns locais da Vila.

DÍA DA PAZ 2022

DÍA DA EDUCACIÓN

O alumnado de Educación Primaria acudiu ao Auditorio Municipal no Día da Educación para ver a película "Matilda" no caso de 1º,2º e 3º;  e "Camino a la escuela" en 4º,5º e 6º de Educación Primaria.

 

ADMISIÓN - RESERVA DE PRAZA IES PUNTA CANDIEIRA CURSO 2022/23

Seguindo as indicacións que establece a Lei 2/2006 do 3 de maio de Educación e a normativa de admisión de alumnado, todo o alumnado de 6º de educación primaria deberá entregar a solicitude de reserva de praza para o IES Punta Candieira do curso 2022/2023 (modelo ED550A).

 
O prazo está aberto dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro (ambos inclusive) e as solicitudes poderanse presentar en papel na secretaría deste centro ou na aplicación "admisionalumnado" (é preciso ter chave365 ou certificado dixital)
 
En caso de separación ou divorcio a solicitude deberá vir asinada por ambos proxenitores.
 
A publicación das listaxe será antes do 25 de febreiro no taboleiro de anuncios da secretaría deste centro

PANXOLIÑAS NADAL 2021

Día Internacional das Persoas con (Dis)Capacidade

Entendendo que cada un de nós é únic@ e diferente, no Ceip Nicolás del Río quixemos poñernos na pel das persoas con discapacidade practicando xogos coma “Don Preguntón”, a galiña cega ou deportes paraolímpicos como é o Boccia ou o Goalball porque… a diversidade somos tod@s!

Ademáis dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, adquíronse 20 exemplares do Libro "Plan de Rescate", que trata o tema da discapacidade. Coa colaboración da Secretaría xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, tivemos a sorte de conversar con Antía Yáñez, autora do libro. A rapazada de sexto mostrou un grande interese coa visita da autora, facendo moitas preguntas sobre a temática do libro e tamén sobre os pasos de Antía como escritora. A actividade levouse a cabo na nosa Biblioteca Escolar, quedando todos os libros asinados pola autora!!!

 

Axudas de máscaras curso 2021/22

Están publicados no taboleiro de secretaría os listados provisionais de admitidos e excluídos para as axudas de máscaras.

A dirección.

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Tomando como punto de partida a cancion "A porta violeta", cada nen@ elaborou a súa propia porta violeta e a chave que a abre.  Entendendo así que cada un de nós temos nas nosas mans a chave que abre a porta a un mundo mellor, onde a violencia de xénero non ten cabida.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut