INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

O vindeiro martes, 3 de maio, inauguraremos a nosa biblioteca escolar co nome "Carlos Labraña".

Durante esta xornada o propio autor estará con nós e todo o alumnado terá ocasión de saudalo ao longo da mañá.

E pola tarde acompañaranos tamén na Feira dos Libros, actividade aberta a todos e todas que nos queiran visitar.

Lembrade que comeza ás 17 h.

Despois (ás 18 h) poderemos desfrutar da representación teatral da obra de Carlos Labraña

"O galo de Portugal camiño de Compostela", a cargo do alumnado de 1º curso de Educación Primaria.

Agardámosvos!!!

DÍA DO LIBRO - OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

ESTE É O MEU LIBRO FAVORITO!!!

O noso cole encheuse de libros para festexar unha data tan importante. Cadaquén trouxo o libro que máis lle gusta para facerse a foto e poder compartir un bo momento de lectura cos compañeiros e compañeiras.

Aí vai un adianto

 

 

 

 

  

  

  

  

  

  

  

 

E tamén trouxeron o seu libro favorito...

 

GRAZAS POR PARTICIPAR E

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 

  

 

V FEIRA DOS LIBROS

MARTES 19 INAUGURACIÓN DA V FEIRA DOS LIBROS

Non vos perdades esta Feira dos libros. Estade atentos porque semana a semana iremos anunciando o programa de cada martes.

Horario: os martes de 17 a 18:30 horas.

PARTES DUNHA NOTICIA

PRESENTACIÓNS OS ECOSISTEMAS

Exemplos de presentacións do traballo dos ecosistemas no Libre Office Impress, por parte de alumnos e alumnas de 5, na clase de ciencias naturais.

VISITA DE RAFAEL USERO

O cronista oficial do noso Concello, Rafael Usero, visitou aos nenos e nenas de 1º e 2º, para ensinarnos entre outras cousas, a situar as catro portas das antigas murallas de Cedeira datadas no século XII. Esta actividade está enmarcada no proxecto "Cedeira é unha vila".

 

POLICIA LOCAL

En cumprimento da programación das “Campañas de Operacións de Vixianza e Control” para o ano en curso levada a cabo pola DXT, e a que se suma a Policía Local de Cedeira, comunicámoslles que durante os días 14 ao 20 de marzo terá lugar unha nova campaña especial sobre cinturón e sistemas de retención infantil (SRI).Resultado de imagen de POLICIA LOCAL NIÑOS

ADMISIÓN MATRÍCULA CURSO 2016/17

Procedemento de admisión do alumnado. Curso 2016/2017.

  1. Normativa reguladora do procedemento:

o   Decreto 254/2012, do 13 de decembro, pola que se regula o proceso de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas do segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, publicada no DOG do 15 de marzo (corrección de erros DOG do 24 de abril de 2013. (descargar aquí)

o   Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (descargar aquí)

o   Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2016/2017.(descargar aquí)

o   Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña para os centros sostidos con fondos públicos sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso 2016/2017. (descargar aquí)

O prazo de presentación:

          O prazo de presentación das solicitudes de admisión abranguerá do 1 ao 29 de marzo de 2016, ambos incluídos.

Quen pode presentar o formulario de matrícula?:

o   Alumnado que solicite posto escolar por primeira vez (3 anos)

o   Alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro

Relación de postos escolares vacantes para 2016/17:

NIVEL

VACANTES

3 anos

75

4 anos

26

5 anos

22

1º EP

21

2º EP

44

3º EP

28

4º EP

15

5º EP

15

6º EP

9

Resérvanse 3 postos escolares por unidade nos cursos de 4ºde Educación Infantil (3anos) e en 1º E.Primaria.

Documentación a aportar:

o   Solicitude de admisión (anexo II) (descargar aquí)

o   Se é o caso, documentación xustificativa para alumnado de N.E.E.

o   Autorización do uso de vídeos e fotos (descargar aquí)

o   Autorización saídas dentro da localidade (descargar aquí)

o   Solicitude de optativa (descargar aquí)

o   Ficha reserva de transporte (descargar aquí)

o   Cuestionario familias infantil (descargar aquí)

o   Orixinal ou copia cotexada do libro de familia onde constan os datos da unidade familiar

o   Orixinal ou copia cotexada dos DNI, pasaportes ou NIE dos dous pais

o   No caso de alumnado procedente do estranxeiro: orixinal ou copia cotexada do pasaporte do/a alumn@ onde conste a data de entrada no país.

o   Orixinal ou copia cotexada da tarxeta sanitaria do/a alumn@

o   Certificado médico

o   Certificado de empadroamento dos membros que constitúan a unidade familiar

o   Certificado de matrícula do centro de orixe, se o houbese

o   Dúas fotografías do/a alumn@

No caso de pais/nais separados/as ou divorciados/as:

o   Orixinal ou copia cotexada da sentenza de garda e custodia.

A solicitude debe vir asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situación de violencia de xénero. No caso de que só asine un proxenitor:

o   Declaración xurada que xustifique o motivo da omisión por calquera medio de proba admitido en dereito

Publicación das listaxes de admitid@s/non admitid@s:

o   Listaxe provisional:antes do 25 de abril

o   Listaxe definitiva:antes do 15 de maio.

o   Formalización matrícula: 20-30 de xuño.

             Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. En caso de infracción, esta determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

Centros de adscrición:

          I.E.S. Punta Candieira.

Servizos complementarios que oferta o centro:

 

o  Comedor: regulado pola Orde do 21 de febreiro de 2007 (descargar aquí), o Decreto 132/2013, do 1 de agosto (descargar aquí) e a Instrución 1/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2015/16, agás instrucións posteriores ao respecto (descargar aquí)

 

o   Transporte: regulado pola Instrución 3/2015 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U. do 1 de xuño sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso 2015/16, agás instrucións posteriores ao respecto. (descargar aquí)

PLAN DIRECTOR DA GARDA CIVIL

No marco do Plan Director da Garda Civil destinado a centros educativos, solicitamos a visita dun membro da Garda Civil ao noso centro. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha charla onde se trataron diferentes temas relacionados cós riscos no uso de internet, as redes sociais, o ciberacoso, etc...

Despedimos a Valerie

A nosa auxiliar de conversa Valerie, vaise do cole, porque atopou unha oportunidade laboral que non podía deixar pasar. Dende o C.E.I.P. Nicolás del Río desexámoslle moita sorte e esperamos que nos veña visitar tal como nos prometeu.

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro celebramos no colexio o día do Entroido e como é tradición percorrimos as rúas de Cedeira acompañados polos veciños e familias da nosa vila. Neste curso escolar, o tema no que xiran todas as actividades a nivel de centro son os xogos olímpicos. Os diferentes niveis de Educación Infantil e Primaria representaron a países do mundo cós seus deportistas olímpicos e os abandeirados.

Dende o centro queremos dar as grazas a toda a xente que colaborou có colexio para que este día tan especial fora posible. En primeiro lugar recoñecer a labor dos mestres que fixeron un traballo espectacular e ao alumnado que participou na elaboración dos disfraces, cun comportamento exemplar no pasarrúas. Tamén agradecer ás familias que colaboraron na elaboración dos disfraces e aos que axudaron no desfile. Por último, dar as gracias tamén a policia local e protección civil que sempre están dispoñibles para nós, ao Concello de Cedeira, á Charanga Compostela Band, ao Grupo Chilava que animou a festa ao chegar ao centro, aos axudantes de fotografía e grabación de video (Seiji e Miguel Blanco), aos mestres en prácticas Manuel e Mario (Percebín) que nos axudaron moitísimo, a María que sempre está aí e a Rocío Pérez que, xunto coa nosa directora, fixeron o disfraz de Percebín. GRAZAS A TODOS!!!

MENU FEBREIRO

PREME NA IMAXE PARA DESCARGAR O MENÚ DE FEBREIRO


http://www.moraleja.es/sites/default/files/imagenes/noticias/carnaval-20161_0.jpg

TELÉFONO NOVO

O novo número do colexio é 881930091, xa está operativo dende hoxe martes 2 de febreiro.

TEMOS RELOXO NOVO!!!

Esta semana estreamos novo reloxo para o andar principal, para que tanto o noso alumnado coma o profesorado non se despisten e sexan moi puntuais nas súas clases.  O reloxo foi un agasallo de R & J FARRUCO, grazas!!!

MENU XANEIRO

Resultado de imagen de feliz año 2016?trackid=sp-006

Preme na imaxe para ver o menu deste mes.

 

CARLOS LABRAÑA

PARABÉNS PARA A NOSA BIBLIOTECA

Hai xa un tempo que o noso querido Percebín fixo unha petición:

un nome para a nosa biblioteca.

Tería que ser dunha persoa de Cedeira a quen lle gustasen os libros para nenos e nenas.

E buscando e buscando...atopámola!
E non só lle gustan os libros para nenos senón que tamén os escribe!

E faino tan ben que lle dan premios: Premio Estornela, Premio O Facho, gañador do Certame Xeración Nós ...
O curso pasado o alumnado representou a súa obra "Estrelamar", todo un éxito!
Todo o claustro de profesorado estivo de acordo coa suxestión ao igual que o Consello Escolar.
Así que despois de que o propio autor aceptase a proposta, temos o pracer de comunicarvos que a nosa biblioteca escolar pasará a denominarse "Carlos Labraña".
Serán diversas as actividades que faremos ao longo do curso para poder rematar coa reapertura da biblioteca, á que estaredes convidados ao seu debido tempo.
Polo de pronto, temos a sorte de poder contar con Carlos Labraña no Auditorio de Cedeira o martes 22 de decembro ás 19 h (entrada de balde) para presentar os seus dous últimos libros de teatro e a representación de "Estrelamar" a cargo do grupo de teatro Os Furabolos

Enlace noticia presentación libros

Distribuir contido