CURSO 2022 - 2023
Enviado por ceip.nogais o Dom, 18/12/2022 - 21:35Titora de Educación Infantil: Sonia Uzquiano Díaz
Titora de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria: Eva Roade Fernández
Titora de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria: Lucía Basadre Penas (Responsable de centro)
Lingua Estranxeira Inglés: Antonia Magide Piñeiro
Relixión: María del Carmen Aira González
Audición e Linguaxe: Eva Roade Fernández
Orientación: Andrés Fernández Fernández
LISTADO DE LIBROS CURSO 22-23
Enviado por Anónimo o Mar, 05/07/2022 - 10:07Bo día a todos e todas,
no seguinte adxunto deixámosvos a listaxe de libros para o curso 2022/ 2023.
CIENCIA KIDS 360º - FULLDOME SPACE
Enviado por Anónimo o Lun, 20/06/2022 - 11:40No día de hoxe, disfrutamos da experiencia da ciencia en 3D, en formato FullDome.
É un sistema que consiste na proxección, con deformación xeodésica dentro dunha estructura de domo, que ofrece a sensación de inmersión.
Aprendemos os diferentes planetas e polos a través de películas e documentais, tanto para Educación Infantil como para Educación Primaria.
Que ben o pasamos e canto aprendemos!
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Enviado por Anónimo o Ven, 10/06/2022 - 11:43Que mellor maneira de ir rematando o curso que unha saída a coñecer novos lugares e pasalo ben?
Eso fixeron os alumnos do Ceip As Nogais este pasado xoves; visitando Avifauna e o pobo das formigas en San Clodio (Outeiro de Rei).
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que tamén disfrutedes con nós.
Curso 2021-2022
Enviado por Anónimo o Mar, 31/05/2022 - 13:45Responsable de centro e titora de Educación Infantil: Susana Lago Fernández
Titora de Educación Primaria: Davinia Graña Araña
Audición e Liguaxe e Música: María García González
Educación Física: Pablo Modia Rodríguez
Relixión: María del Carmen Aira González
Orientación: María Sol López Rodríguez
17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Enviado por Anónimo o Mér, 25/05/2022 - 18:30Hoxe adicamos o día das letras galegas a Florencio Manuel Delgado, nacido en Ourense o 27 de agosto de 1903 e finado o 14 de maio de 1987 en California. Foi un escritor español en lingua galega. No ano 1933 ingresou no Partido Galeguista, loitando a prol da lingua.
Aquí vos deixamos como traballou o alumnado neste día.
FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por Anónimo o Mér, 25/05/2022 - 13:07FONDO SOLIDARIO. AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/2023
- Normativa: orde do 29 de abril de 2022 (DOG 18/05/2022)
- Prazo de presentación de solicitudes: 19 de maio ata 22 de xuño de 2022 (ambos incluídos)
- Lugar de presentación: na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aquí vos deixamos o enlace.
VÍA KÜNIG
Enviado por Anónimo o Mar, 17/05/2022 - 14:29
Coa axuda e colaboración do concello, o venres día 13, saímos de camiñata a facer o segundo tramo da Vía Künig. Foi un tramo dun 6 km aproximadamente, dende Castelo ata As Nogais.
Contamos cun autobús para o traslado do alumnado e profesorado ata o punto de saída, así como cun vehículo de acompañamento por se houbese algún percance, que por sorte, non tivemos.
Fixemos unha breve parada para unha boa merenda, mentres disfrutabamos da bonita paisaxe.
Foi un día distinto e ben divertido.
Aquí vos adxuntamos imaxes de dita experiencia.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »