PROPOSTA DE CONTOS DEPORTIVOS PARA LER

Proposta de contos deportivos para leer e disfrutar.

Uxía e Izan de 3ºA.

O xoves día 19 de xaneiro de 2017, seguimos a recibir novas propostas de Contos deportivos para leer Uxía e Izan de 3ºA, quixeron compartir con nós os seus contos deportivos favoritos.

1º Uxía volveu a sorprendernos cos seus amigos “Os Bolechas van de viaxe….a volta a Muros en Carrilana”. Un conto de Pepe de Carreiro onde os Bolechas viaxan a Muros para participar na trepidante baixada de carrilanas. Un conto que nos recordou á baixada de carrilanas que facemos no noso cole no magosto e onde nos aconsellou que as trampas e o xogo sucio non son o mellor para gañar.

2º Izan quixo compartir con nós a súa lectura favorita dos “Los Futbolísimos. El misterio de los siete goles en propia puerta”. Un libro de Roberto Santiago, que a todos os que nos gusta o fútbol, nos deixou con gañas de comezar a súa lectura.

Moitísimas gracias a Uxía e a Izan por compartir con nós as súas lecturas favoritas. Dende o equipo de Deporte Escolar aproveitamos para animar a tódolos nenos e nenas do noso colexio a disfrutar do apaixoante deporte da lectura.