XORNADAS DE PRIMEIROS AUXILIOS NO COLE

Primeiros Auxilios na Escola

Laura González Yagüe

Este mes de marzo, os nenos e nenas de Educación primaria do Ceip Nº2 de Tui, aprendemos a importancia dos Primeiros auxilios, coa axuda de Laura González Yagüe, mamá de Noa e Andrea De la Calle González. Laura é enfermeira e preparounos moita información de como debemos actuar ante calquera tipo de accidente. Explicounos a importancia de protexer e protexernos ante calquera situación de risco, como avisar e como actuar.

Sabemos a partires de hoxe que o número de teléfono de emerxencias 112, teremos que úsalo en caso de necesidade e dende alí, axudarannos en todo o que precisemos.

Tamén nos falou de saber manter a calma, algo moi importante nestes casos, de como limpar unha ferida, como actuar cunha picadura de insecto, que facer ante unha queimadura, e sobre todo, insistiu moito na importancia do soporte vital básico e a RCP…

Moitísimas gracias Laura!!!

Se queredes ver a presentación que trouxo Laura preme aqui

AdxuntoTamaño
COLEGIO Nº2.ppt3.24 MB