PROMOCIÓN DE NATACIÓN

PROMOCIÓN DE NATACIÓN

  O pasado Mércores 20 de setembro de 2017, tivemos a visita de Juanjo España. Juanjo é monitor de natación nas piscinas de Valença e de Monçao. El explicounos con moito detalle o importante que é aprender a nadar, tan importante coma andar e correr, sobre todo tendo ao Río Miño aquí tan pertiño. Moitisimas grazas Juanjo por contarnos cousas tan interesantes.