Carreira Solidaria de Cor

               Carreira Solidaria de Cor

        Ceip Nº2 de Tui

 O pasado venres 6 de outubro, puxemos en marcha o proxecto de este ano no colexio: “ A Pintura”.

 Entre as diversas e divertidas actividades que se levaron a cabo ao longo de toda a xornada, estivo a carreira solidaria de cor.

 Nela participaron tod@s nen@s de todo o colexio distribuidos por niveis, tamén puidemos disfrutar dunha carreira de papás, mamás e mestres… menudo pique entre eles, todos querían gañar!!.

 Ademáis, tamén disfrutamos de unha exhibición de Bikecross con Ledicia que viu coa súa cadela e fixo as nosas delicias. Ledi e a súa cadela teñen participado en moitísimas competicións a nivel nacional de Canicross ( carreira a pé con cans) e Bikecross ( carreira en bici con cans).

 Canda ela tamén viñeron Pili e Pepín, dous apaixonados dos animais, da proctectora de animais de Tui, que nos animaron a ser solidarios esta vez cos nosos amigos os cáns. Se dispoñemos de tempo e ilusión, podemos axudarlles na súa aventura de coidar a todos os cans sen dono. Moitas Gracias por transmitirnos ganas e ilusión.