DEPORTE ESCOLAR. Xornada de Atletismo en pista

 DEPORTE ESCOLAR.

Xornada de Atletismo en pista

 A Macoca ( Pazos de Reis)

Curso 18-19

Luns día 26 de Marzo de 2018

O vindeiro luns día 26 de Marzo de 2018 terá lugar nas instalación da A Macoca, a xornada de Atletismo en pista, que se levara a cabo de 10:00h a 13:30h aproximadamente e os cursos participantes serán 5ºA,5ºB e 5ºC.

Os/as  nenos/as que vaian participar nesta actividade terán que traer: Chandal ( o do cole se tiveran), Equipación do mesmo, Gorra, Mochila de Educación Física e merenda.

Esta actividade está organizada pola Agrudepación Deportiva Baixo Miño ( Agrudebam), en colaboración co Servicio de Deportes de Pontevedra, o Concello de Tui, a Entidade Menor de Pazos de Reis e o Club Atletismo Tui, que organiza esta proba de Atletismo en Pista para o alumnado de 5º de Primaria do Concello de Tui.  Os centros educativos participantes serán Cep de Caldelas, Ceip Guillarei, Ceip Rebordáns, CPR Sta María Maristas, Ceip Nº2 de Tui, Ceip Nº1 de Tui e Ceip de Randufe, cun número aproximado de participantes que estará entorno aos 200 neno/as. As probas que se levaran a cabo son 60m lisos, 500m lisos, Relevos 4x100m, Lanzamento de peso, Lanzamento de Vortex e Salto de Lonxitude. Esta experiencia lévase a cabo todos os anos para o 5º nivel de primaria e supon a promoción e toma de contacto co Atletismo en pista, nun marco incomparable como son as pistas da Amacoca. Dita xornada xa se levou a cabo, nos días pasados, tamén para o alumnado do Concello Tomiño, sendo un éxito tanto na participación como disfrute da actividade.