XOGOS POPULARES

OS XOGOS POPULARES

Mércores 24 e xoves 25 de  outubro

 O pasados xoves  25 e mércores 24 de outubro tivo lugar a xornada de xogos populares galegos.

O mércores  foron os nenos de Ed. Infantil os que disfrutaron de xogos antigos contados e ensinados polos nenos e nenas de 6º de Ed. Primaria.

 

O xoves foron os alumnos de Ed. Primaria os que disfrutaron destes  xogos:  zancos,  carreira de carretillos, a chave, a rá, a petanca, a billarda, bolos celtas, a goma, os trompos, etc…

Rematamos a xornada coa tradicional baixada de carrilanas. Este ano contamos con 30  carrilanas, elaboradas con moito entusiasmo polos nenos e as súas familias, verdadeiras obras de arte. Moitas gracias por facer posible que os nenos de agora disfruten cos xoguetes de antes.