II Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20

 II Evento Conxunto de Formación do Profesorado

 Erasmus + 18-20

 "Promover estilos de vida felices e saudables"

 Varese Italia

 Lunes 3 de Xuño 19- Viernes 7 de Xuño 19.

Durante esta semana do 3-7 de Xuño de 2019, varios Mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “II Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Instituto Comprensivo Varese 2  en Varese Italia. Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “ Promovendo estilos de vida felices e saudables.

Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda) 
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).  

Na xornada do martes 4 de Xuño de 2019, pola mañá o profesorado terá a oportunidade de visitar a Scuola Bosco-Canziani de Varese: actividades deportivas e tempo no aula. Xa pola tarde terán unha xuntanza do Proxecto Erasmus+ e rematarán o día coa visita Cultural ao Sacro Monte.Tomaran contacto co idioma, o entorno e o deporte, para ensinar aos nen@s do noso centro.

Na xornada do mércores 5 de xuño, visitaran a Scuola Pascoli de Varese, para coñecer o seu sistema educativo, ás aulas, o alumnado, etc . Pola tarde levarán a cabo un Tour no Lago Maggiore en barco.

Será na xornada do, xoves 6 de xuño e para rematar a estadía en Varese, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto, formación en Eramus+, plataformas eTwinning, etc así como a visita ás cidades de Varese e Milán.

Unha experiencia que tal como nos transmitiron os compañeiros desprazados a Armagh, no I Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 promete ser moi enriquecedora e  totalmente recomendable.