Festa fin de curso: Elixe unha vida saudable e Feliz

Festa  fin de curso:

Elixe unha vida saudable e feliz

21de xuño de 2019

O día 21 de xuño, continuando co proxecto Erasmus+ que estivemos a traballar na escola este curso, celebramos a Festa de fin de curso co "slogan" Elixe unha vida Saudable e Feliz, organizada pola ANPA do colexio. Tod@s os responsabl@s esforzáronse moito en preparar a escola cunha decoración fantástica con motivos saudables, preparar as actividades deportivas, a entrega de diplomas, etc... Atopamos a escola transformada nun lugar onde a vida saudable e feliz foi o máis importante durante a xornada: había froitas de todo tipo, motivos con alimentación saudable, merendas saudables, xogos que nos fixeron pasar un día inesquecible e entrega de diplomas para recoñecer as actividades que fixemos ao longo de todo o curso.

Queremos agradecer á ANPA, aos pais, as nais, ao centro, aos equipos docentes, ao profesorado e a todas aquelas persoas que fixeron, co seu esforzo, que a festa de fin de curso fose un día especial, para @s nen@s do Ceip Nº2 de Tui. Grazas e bo verán a todos/as.