Hábitos de vida saudable e deporte en familia. Rutas con encanto: Alto dos Cubos-San Fins de Rebordáns.

Hábitos de vida saudable e deporte en familia.

Rutas con encanto: Alto dos Cubos-San Fins de Rebordáns Tui. 

O pasado sábado 12 de decembro, aproveitando que o noso entorno está ideal para pasar momentos entrañables, Helena Martínez de 2ºC fixo coa súa familia a ruta dende o alto dos Cubos ata San Fins en Rebordáns. Respiraron aire puro, escalaron polos penedos durante unha ruta de 2 horas. Un lugar con moito encanto para relaxarse e pasar grandes momentos no medio natural. Anímannos a visítalo coa nosa familia.

Moitas grazas familia, por regalarnos momentos en familia.