Día da Muller: "Mulleres Líderes no Deporte Tudense".

Día Internacional da Muller.

Mulleres Líderes no Deporte Tudense.

8-Marzo-2021.

O día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.  Este ano baixo o lema: Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo Covid-19”.

Dende o equipo de Deporte no 2 do  C.E.I.P Nº 2 de Tui, queremos poñer en valor o esforzo, sacrificio e poder de superación que fan todas as mulleres, especialmente todas as mulleres tudenses. Para nós as líderes excepcionais no día de hoxe son todas as que dun xeito ou outro practican deporte, especialmente as Mulleres Deportistas Tudenses.

Aquí vos facemos unha pequena achega para que gocedes dunha data tan especial, co exemplo dalgunhas das moitas Mulleres Líderes no Deporte Tudense.

Aquí podedes ver o vídeo. 

 

Aquí podedes descargar o vídeo. 
Moitísimas grazas a todas as deportistas, persoas e entidades que fixeron posible esta bonita experiencia para o alumnado do Ceip Nº2 de Tui. Os nosos parabéns para todas as deportistas e "Líderes no deporte tudense a todos os niveis". 
Aquí podedes ver o moito que agradecemos este vídeo das nosas grandes deportistas. Grazas a todas elas, este curso, tivemos un día da muller ilusionante, saudable e deportivo.
 
 
 
8th of March
 
In order to celebrate "International women day" some women leades sent us a piece of video. In this video, some professional sportswomen from Tui explain the hard work and dificulties to achieve their goals at sport.