Deporte na escola

Judo GIF - Conseguir el mejor gif en GIFERPromoción de Judo e BaloncestoBasket ball GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

Martes 12 de setembro de 2023.

O martes 12 de setembro todo o alumnado de primaria, gozou do deporte. Con Alejandro e Javier Niño coñecemos o Club Baloncesto Tui que adestra no pavillón vello de Tui, eles animáronnos a practicar este deporte durante todo o curso, nas súas instalacións.

 

Con Rubén Morais do Club Judo Tui, aprendemos técnicas de defensa persoal, a coidar de nós e a coidar dos demais, no ximnasio do colexio. Rubén animounos a visitar as instalacións do seu Club no Centro Interfederado, onde estará encantado de compartir grandes momentos con nós e con este deporte.

 

Grazas, moitas grazas a Rubén, Javi e Alejandro.