Deporte na Escola

A Milla

Marzo 2024

ODS 8 e 9

Biodiversidade

O Piñeiro en Galicia.

Durante o mes de febreiro de 2024, o alumnado do CEIP Nº2 de Tui seguiu a realizar moitas millas durante os recreos. As millas realizadas rexístranse nos papeis de aula, que Bit a mascota da biblioteca, lles fai chegar a principio de cada mes. No panel central Bit leva contas das millas que fai cada clase. As millas axúdannos a mellorar os nosos hábitos de vida sa e saudable a diario.

O obxectivo é sumar moitas millas cada mes, para avanzar no coñecemento dos ODS: Obxectivos de desenvolvemento sostible. Axenda 2030 dentro do proxecto Diver-Xente que este ano o centro está a realizar. Durante o mes de febreiro coñecemos o ODS 8: Traballo decente e crecemento económico e o  ODS 9: Industria, innovación e infraestrutura.

Dende o equipo de Voz Natura e Deporte Escolar sumámonos a este desafío, cada clase recibe de agasallo, unha medalla cos ODS traballados durante ese mes. As madeiras son recollidas de restos de podas ou caidas.

 

A madeira ten un significado especial porque representa a súa unión e vinculación con cada ODS mensual, así como a variedade de árboles senlleiras de Galicia, moitas delas autóctonas e outras chegadas de outras latitudes. Ao mesmo tempo, o alumnado recibe una carta explicativa coas características de cada especie e os seus usos, convidóndoos a investigar sobre cada unha. Unha excelente maneira de coñecer a biodiversidade da zona, xunto as rutas de sendeirismo e baños de natureza que nos proporciona o Concello de Tui e o Río Miño.

Este mes tocou coñecer a influencia do piñeiro no Baixo Miño. O piñeiro foi usado para repoboar os montes de Galicia a comezos do S.XX, dando lugar ao nacemento dunha cadea industrial de aserradeiros e empresas madeireiras con traballo decente e favorecendo o crecemento económico daquela época tal como promoven o ODS 8. Na actualiade a industria, innovación e infraestructuras fan dos piñeiros un gran recurso en aproveitamento da resina,así como excelentes coutos micolóxicos, etc...tal como busca promover o ODS 9

 

 

Bit convídalles a seguir facendo millas durante todo o mes de marzo, onde se fomente a vida sa e saudable, con boa alimentación e descubrindo novos ODS.