Skip to Content

AbalarMóbil: Instalación e rexistro

 

DESCARGAR ABALARMÓBIL

 

 

En función do tipo de teléfono que teñades, premede para descargar App e seguide as instruccións do video:

 

- Teléfono Android.

 

- Teléfono Iphone.

 

1. QUE É A MENSAXERÍA DE ABALARMÓBIL?

A mensaxería de abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables.

 

2. COMO ACCEDO Á MENSAXERÍA?

O acceso á mensaxería de abalarMóbil pode facerse de dous modos:

• Dende o menú lateral

• Dende o perfil do alumno

   

 

 3. COMO É A MENSAXERÍA?

Na primeira das pantallas aparece un listado con todos os grupos de conversa que están abertos. 

Estas conversas están ordenadas pola data máis próxima para, deste modo, poder identificar máis facilmente as últimas conversas.

Para ver as mensaxes de cada conversa, soamente hai que premer sobre unha delas para obter o listado de mensaxes.

 

  4. SON TODAS AS CONVERSAS IGUAIS?

Non, non todas as mensaxes son iguais. O centro pode decidir se á conversa que se crea pode enviárselle unha respostaou non. 

Para sabelo, soamente hai que entrar na  mesma. Se na parte inferior da pantalla existe un espazo para introducir texto, é porque este mensaxe permite resposta.

 

 5. COMO SEI CALES SON AS MIÑAS MENSAXES?

As mensaxes virán marcadas cun fondo azul e co texto en branco, mentres que as do centro serán marcadas con fondo gris e texto en negro. Por outro lado, as mensaxes do                    centro aparece cunha icona que indica o tipo de mensaxe (grupo, individual...).

 

 6. QUE PASA SE NON TEÑO CONEXIÓN?

Nese caso non se poderán ver as conversas, posto que estas só están dispoñibles mediante conexión. 

No caso de ter cargada a listaxe de conversas antes de perder a conexión, entónpoderase ver a última mensaxe. Igualmente, é posible ver unhamensaxe que indicará que non hai              conexión xuntocun botón para recargar a páxina para cando se poida conectar a unha rede.

Por outra banda, se alguén intenta enviar unha mensaxes en ter conexión, esta aparecerá na pantalla pero non será enviada ningardada. Soamente se poderá reenviar mentres non            se abandone o listado de mensaxes.

 

Pero non se terá que volver a escribila, posto que se poderá reenviar mediante o botón de reintentar que aparecerá ao lado da mensaxe cando esta non foi enviada. 



book | by Dr. Radut