Skip to Content

RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP PLURILINGÜE DE OCA.

 

Dado o carácter voluntario da etapa de Educación Infantil, a continuación expoño unha serie de recomendaciós para levar a cabo durante o período establececido de suspensión da actividade lectiva. Son as seguintes:

  • Contar obxectos habituais do día a día, animais, elementos naturais (pedras,paus…).
  • Buscar e recoñecer os números nos elementos da contorno: calendarios, sinais, carteis…
  • Identificar cores.
  • Realizar actividades plásticas: cortar, rasgar, cortar papeis, dobrar papeis, plastilina, pintar…
  • Buscar formas xeométricas nos obxectos cotiáns: círculo, cadrado, triángulo, rectángulo…
  • Comparar e clasificar obxectos por tamaños: grande, mediano e pequeño.
  • Sinalar as partes do corpo en sí mesmos e nos demais. Podedes incidir sobre o coidado do corpo e tamén aproveitar para o tratamento da hixiene do corpo.
  • Realizar un debuxo da figura humana. Conforme vai aumentando a idade dos nenos, os debuxos serán máis precisos e con máis detalles.
  • Facer debuxos libremente e explicar o que debuxaron.
  • Lerlles contos, poesías, adiviñas, xogos de palabras…Tamén eles poden contar un conto, xogar a modificar a historia, cambiar o final, inventar un personaxe novo…
  • Ofrecerlles diferentes textos escritos sobre todo aos maiores, periódicos, revistas, receitas…
  • Recoñecer letras en contos, imaxes…intentar adiviñar que pon, copiar palabras, ler palabras…
  • Xogos de mesa, actividades en familia, xogos de movemento: reptar, gatear, saltar, correr…
  • Falar moito con eles/elas de temas variados, empregando unha linguaxe normal, non de bebé. Correxilos cando vexades que poden falar mellor ou que empregan palabras que non corresponden ca súa idade.
  • Xogar: construccións, pelotas, cartas, puzlles… sobre todo que disfruten.
  • Darlles autonomía nas actividades diarias. Son capaces de facer máis cousas das que imaxinamos. Darlles responsabilidades, que axuden nas tarefas diarias.

A continuación déixovos (no arquivo adxunto) unhas ideas por idades do que os nenos/as por idades son capaces de facer.

Un saúdo

 

 

MEDIDAS DO CEIP PLURILINGÜE DE OCA CON MOTIVO DA PARALIZACIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA.

 

Prezadas familias,

O Presidente da Xunta de Galicia, o día 12 de marzo de 2020, anunciou entre as medidas a adoptar fronte a alerta sanitaria polo coronavirus COVID-19, que a partir do día 16 de marzo os centros quedarán pechados por un período de 14 días naturais, podendo ser prorrogables.http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Como consecuencia disto, quedan suspendidas todo tipo de actividades lectivas en todos os centros educativos. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, o comedor, o transporte con independencia de quen sexa o organizador de ditos servizos.

Segundo as previsións establecidas ata o momento, a data provisional de retorno ao centro educativo é o 30 de marzo de 2020. De haber modificacións seredes informados a través da páxina corporativa do centro e a través da aplicación tokkap.

En relación ás novas instruccións de hoxe día 13 de marzo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550 está previsto que o profesorado se vaia poñendo en contacto coas familias e alumnado de xeito telemático, para poder seguir facendo un seguimento das actividades, traballos e dúbidas que poidan xurdir e teña a menor repercusión posible na marcha do curso. Prego paciencia e comprensión por parte das familias ante esta situación extraordinaria para todos/as.

A dirección do centro está a vosa disposición ao igual que o claustro de mestres do centro, para calquera dúbida ou aclaración.Lembro os datos de contacto do centro:

-Correo corporativo:ceip.oca@edu.xunta.es

-Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoca/

 

Agradecezo a vosa comprensión e apelo á serenidade e á prudencia recomendada por todas as institucións.

Recibide un cordial saúdo.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021.

 Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021.

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de MARZO inícianse  o proceso de admisión de alumnado, regulada nas seguintes ordes:

  •  DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  •  ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do

 1 ao 20 de Marzo de 2020 na secretaría do centro no seguinte horario:

-LUNS, MARTES, MÉRCORES, XOVES, VENRES de 10.00h a 10:50h.

- Xoves: 15:30 a 17:15 h.

 

 

As prazas vacantes para este curso 2020/2021 son as seguintes:

ETAPA

NIVEL

PRAZAS VACANTES

 

2º CICLO

INFANTIL

MIXTO 

INFANTIL

 3 ANOS

9

 

4 ANOS

2

 

5 ANOS

           

2

 

EDUCACIÓN

PRIMARIA

2

 

2

 

2

 

9

 

3

 

2

 

 

 

 

 

 

             

 

Este ano pódese crear a instancia de xeito telemático ou manual.

No seguinte enlace teñen o manual para crear a solicitude de admisións de xeito telemático.https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/Axuda.action 

Para crear a solicitude terán que acceder a seguinte dirección: https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/admisionalumnado/manual_familias_admision.v.04.pdf

Tamén se pode crear a solicitude en papel entregándoa no centro educativo:

Nos documentos adxuntos, poden descargar o modelo normalizado de solicitude de admisión, tanto en galego (ED550B-G) como en castelán (ED550B-C), que deberán presentar as familias no centro educativo entre os día 1 e 20 de marzo, ambos inclusives.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut