PDI: Espallando saberes

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Paz e non Violencia. Este día, ten como obxectivo fomentar a educación na tolerancia, na solidaridade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos...Valores que inculcamos a diario no alumando do colexio. Este 2024 para celebralo, decoramos pombas nas aulas; cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras "Móvete". Asemade na biblioteca elaboramos un mural. O martes 30, gravamos ás diferentes aulas e xuntámonos todos no patio, para compartir entre todos e todas este Día. 

Velaquí tedes o resultado.

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS

Un curso máis solicitamos á participación no Plan Director, para o alumnado de quinto e sexto. Consiste nunha charla informativa sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais...,  A charla foi impartida por  un  axente que pertence ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. A información, neste caso foi adaptada á idade do alumnado do colexio. 

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO

O alumnado de cuarto de Ed. Primaria, visitou o Museo do Pobo Galego. Participaron na actividade: Ferramentas en mimo. Os obxectivos foron : aprender acerca dos oficios tradicionais galegos, traballar a expresión corporal e a dramatización.

 

SAÍDA AO TEATRO

O mércores 24 de xaneiro, os nenos e as nenas de 4º e 5º de educación infantil acudiron ao Teatro Principal para desfrutar do espectáculo Titiricircus. De camiño, unha paradiña na marabillosa Alameda de Santiago para fotografarse coas coñecidas Marías. 

Panxoliña

O alumnado de primeiro, quere cantarvos unha divertida panxoliña que preparamos este Nadal!!

Esperamos que vos guste tanto como co cariño con que o fixemos.

POSTAIS 2023

Postais gañadoras deste curso. Noraboa aos participantes e especialmente á clase de 1ºB E. P.  e a Inés Fontao Doce (6ºB E.P.)
 
 
 
 
 
 

RECOMENDACIÓN LECTORAS

 Desexávosmos un Bo Nadal acompañado de marabillosas lecturas!

NADAL 2023

O primeiro trimestre remata con distintas actividades das que as alumnas e os alumnos do colexio dos Tilos participaron. Comezamos coa colaboración das familias no xa tradicional adorno para a árbore de Nadal. Nas aulas elaboráronse grilandas con produtos naturais. Os nenos e as nenas escribiron cartas aos Paxes e ao Apalpador. Co proxecto de centro "Espallando Saberes" demos a coñecer ao personaxe da tradición galega; a lenda conta que era o encargado de levar un pouco de felicidade ás aldeas galegas situadas no interior de Galicia, concretamente no Courel, Ancares, Terras de Trives. Na derradeira semana o alumnado participou en divertidos bailes e como remate, hoxe día 21, os máis pequerrechos acudiron á biblioteca para ver a película do Grinch e o resto bailaron e cantaron ao son dun DJ.

GLOSARIO DE CIENCIA

No marco das actividades impulsadas para celebrar Novembro Mes da Ciencia en Galego, xurdiu a idea de elaborar un glosario científico. Nel participaron as alumnas e os alumnos de xeito activo; primeiro pensaron os termos e escribíronnos, a continuación representáronnos cun debuxo e prepararon a definición. Como remate gravamos un video con  todos eles.

5ºE.P.

 
 1ºE.P.
 
 
 
6ºE.P.

EXPOSICIÓN CIENTÍFICA

Elaboramos unha exposición cos diferentes traballos.

Powered by Drupal - Design by artinet