Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Recomendacións lectoras para o Día do libro |
O alumnado de sexto de educación primaria, queren recomerdarvos algúns dos seus libros favoritos. Debuxaron a portada do libro e gravaron un audio. Se utilizades un lector de códigos qr, escoitaredes unha breve reseña dese libro. Esperamos que desfrutedes coas nosas recomendacións. Comezade xa!!!
|
LE BRIO CINE VOS | |
O Tendal de Tilandra (Semana do Libro: 19 ao 23 de abril) |
O venres 23 de Abril celebramos o Día Mundial do Libro . Esta data é un motivo para valorar a importancia da lectura. Dende o centro tentamos fomentar o desenvolvemento dos nenos-as como lectores.
|
DÍA DA PAZ 2022 |
Coa celebración do Día Escolar da Non -Violencia e a Paz, queremos promover entre o noso alumnado os ideais de Paz para avanzar cara unha sociedade máis xusta e construir un futuro mellor. Comecemos sendo cordiais entre todos nós: dar os bos días ás persoas coas que nos cruzamos, regalar sorrisos en vez de malas caras ou ensinar a dar as grazas son pequenos xestos que favorecen a convivencia e a resolución de conflictos. |
TILANDRA PEREGRINA |
Un curso máis, chega o momento de pór en marcha o Proxecto de centro: Tilandra no camiño. A primeira actividade que plantexamos foi o debuxo da mascota da biblioteca. Tilandra está preparada para camiñar, pero non un camiño calquera, senon: O CAMIÑO DE SANTIAGO. Así que pedímoslle ao alumnado de quinto e sexto que debuxaran a Tilandra peregrina. Estes foron algúns dos debuxos.
E aquí temos a nosa Tilandra Peregrina. |
RAP 25-N |
As nenas e os nenos de quinto de educación primaria, compuxeron un rap en favor da loita en contra da violencia de xénero. |
OBRADOIRO DE COCIÑA |
O alumnado de segundo curso de Ed. Primaria participou nun taller de cociña e a verdade non se lles deu nada mal. Fixeron a torta da avoa contando coa colaboración de Verónica Pérez a nai de Luca. Xa sabemos que non podemos tomala todos os días pero para festexar o fin do primeiro trimestre é unha boa idea. Como podedes ver nas fotos os nenos e nenas desfrutaron moito ese día.
|
ÁRBORE DE NADAL |
Este ano a árbore de Nadal estivo cargadiño de adornos que as familias enviaron. Para a elaboración empregaron material reciclado. O resultado foi extraordinario. Grazas ás familias do colexio pola vosa colaboración.
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS |
O equipo de biblioteca e o EDLG, coas achegas feitas polo profesorado e polas preferencias feitas polo noso alumnado, realizamos unha selección de libros que poden ser do interese dos nen@s. Sen dúbida o mellor agasallo! Regalar un libro é regalar unha viaxe a outros mundos, a un mundo de fantasía.
|
VISITA DE LEDICIA COSTAS |
A escritora Ledicia Costas, visitou esta semana o colexio dos Tilos. Presentou ao alumnado de terceiro de ed. primaria, a colección dos "Minimortos". Conversou con eles e contestou a súas preguntas acerca do libro "Escola de salvaxes". Ledicia dedícase dende moi nova a creación literaria. Este ano colabora coa RAG, na páxina infantil Primavera das Letras adicada este 2022 ao escritor Florencio Delgado Gurriarán.
|
VERBAS DA CIENCIA |
Para rematar o mes de novembro, mes da ciencia en galego e en relación ao lema deste curso de Bibliotecas escolares de Galicia 2022: "Escribir á biblioteca escolar", dende o colexio, elaboramos a actividade: VERBAS DA CIENCIA. O alumnado investigou, elixiu e redactou un texto sobre palabras relacionadas coa ciencia.
|
Visita de Xosé Antonio Perozo |
O día 18 de maio o autor Xosé Antonio Perozo visitou ao alumnado de cinco anos para contarlles e falarlles do seu libro:"Unha mensaxe para Sara" que narra a primeira aventura entre o cabalo Branco de cores e a súa amiga Sara. Xuntos percorren a cidade de Santiago na procura dunha mensaxe que deixou a avoa de Sara. Tamén nos agasallou con dous libros sobre Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas.
|
OBRADOIRO LITERARIO | |
PROXECTO "A VACA" - GRUPO 3 ANOS |
Este proxecto está enmarcado dentro do P.D.I. “Tilandra medra sa”. Aínda que se levou a cabo ao longo do 3º Trimestre deste curso, o eixe motivador do mesmo desenvolveuse durante o segundo coas actividades levadas a cabo no Entroido, na que fomos disfrazados de vacas e leiteiros/as. A curiosidade polas vacas foi en aumento, tras descubrir unha mañá que a nosas clases estaban cheas de pegadas deste animal e nun recuncho da clase apareceu un cartón de leite. Todos estabamos moi emocionados…! tiñamos que aprender moitas cousas sobre aquel animal que nos visitara e que nos aportaba na nosa alimentación. O obxectivo principal deste proxecto documental foi iniciar ao noso alumnado de 3 anos na investigación, a elaboración de hipóteses, aprender a reflexionar e sacar conclusións… ; en definitiva a pensar e ser críticos. Durante este proxecto tiveron un papel moi importante as familias, sobre todo na aportación de información e materiais, así como na realización dalgunhas actividades como a “cow parade” cunha moi boa acollida polo que estamos inmensamente agradecidas. Entre as actividades desenvolvidas cabe sinalar a elaboración dun dossier con información, obradoiros de cociña, experimentos, un vídeo documental sobre a vaca e moitas máis actividades … Toda esta información está recollida no noso blog http://tilinhos.blogspot.com/ no apartado: “PDI: A vaca”. Alí poderedes observar todo o traballo desenvolvido polo alumnado de 3 anos. Agardamos a vosa visita!!!
|
TILANDRA PENSA EN VERDE |
Este ano comezamos cun novo proxecto "TILANDRA PENSA EN VERDE", aprenderemos a importancia de coidar o noso planeta. Ao longo do curso realizaremos distintas actividades: saídas, conferencias e obradoiros
|
LE BRIO CINE VOS | |
VISITA AO CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS E PISCIFACTORIA NO CARBALLIÑO | |
CHARLAS INFORMATIVAS SOBRE O USO DO INTERNET | |
IAGO LÓPEZ VISITA O COLEXIO |
Os nenos e nenas de educación infantil tiveron a visita do autor Iago López, que presentou o seu novo traballo:"Contos para levar no peto". Unha sesión de contacontos que os máis pequechos desfrutaron moito.
|
OS COMPOSTEIROS |
O alumnado de 6ºA non se olvida do Proxecto do ano de TILANDRA PENSA EN VERDE e está aproveitando o seu confinamento para facer os seus composteiros na casa e outros traballos relacionados coa natureza. Podes velos facendo click no ficheiro adxunto.
|
Protocolo Covid-19 de Uso da Biblioteca | |
Certame de poesía ANOMAR |
Os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria participaron no certame de Poesía da Asociación Anomar. Ao longo do mes de novembro traballaron a composición de poemas en lingua galega e libremente optaron por presentarse ao concurso. Cal foi a nosa sorpresa que un alumnno do centro resultou premiado. Noraboa a Iván Fernández Montero. Parabéns! Deixamos o enlace da Voz de Galicia onde se recolle un artigo sobre a entrega de premios. |
"Jerusalema Challange" |
A principios de novembro, dende o CEIP PLURILINGÜE OS TILOS, propuxémonos levar a cabo un reto, o "Jerusalema Challange". Dito reto fíxose famoso polo baile realizado po runs nenos e nenas dun orfanato de Angola, África. Nel podíase ver como cativos de tódalas idades bailaban o son dunha canción. Dende o Centro quixémonos sumar a este reto, para poder desfrutar non só da danza africana, senón tamén, do traballo en equipo. Ademais de pór unha pouca de luz, nun momento tan escuro. Foi un mes e medio intenso, de ensaios e posteriormente gravacións, que deu como resultado, non só o video que veremos a contiuación, senón unha actividade donde tódolos nenos e nenas o pasaron xenial de principio a fin. |
Visita Virtual CEIP Plurilingüe Os Tilos |
VISITA VIRTUAL CEIP PLURILINGÜE OS TILOS |
21 de marzo. Día da Poesía |
Este 21 de marzo, coincidindo co inicio da primavera, celebramos o Día Mundial da Poesía. En tempos de coronavirus, a poesía é a vacina contra a incerteza e os medos que nos asolan. Dende o centro buscamos reflectir as Emocións do noso alumnado a través de poemas e obras de arte, proxectando os seus sentimentos, baixo o título "Poesía por un tubo". Deste xeito promovemos a poesía como manifestación da súa creatividade literaria e artística.
|