O alumnado de 5º de educación primaria, dentro das actividades programadas en febreiro, co gallo do 11F Día da muller e a nena na ciencia, visitou a Casa das Ciencias. Situada no parque de Santa Margarida na Coruña, consta dun planetario e tres andares con distintas exposicións. Unha mañá moi entretida, con experiencias de física, exposición de péndulos e exposición sobre astronomía.
Febreiro 2024
OS XENERAIS DOS TILOS
Os xenerais do Ulla é un dos espectáculos máis destacados da contorna. Elegantemente vestidos, as nenas e os nenos de primeiro do colexio, comezaron a mañá do desfile cos famosos vivas. A literatura popular e a música son as partes máis importantes do patrimonio inmaterial de tradición oral dos Xenerais da Ulla nas que destacan os “vivas” e as coplas. Os coñecidos como “vivas” expresan un desexo de vida, sorte e prosperidade.
A HISTORIA EN FEMININO
O mércores 21, Ana Hermida da asociación Lisístrata, visitou o noso centro para celebrar o 11-F Día da muller e a nena na ciencia. A actividade "A historia en feminino", consistiu nun monográfico sobre mulleres referentes no ámbito científico. Participou o alumnado dende 1º ata 6º de educación primaria.
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
O alumnado de quinto e sexto de primaria, recibiu a visita de Paula López, directora adxunta do CITIUS. A misión do CITIUS é a mellora da sociedade a través das tecnoloxías intelixentes. A charla ten como obxectivo dar visibilidade ás mulleres que traballan no mundo da ciencia. Paula explicoulles, en que consiste o traballo do CITIUS e en particular o dela.
Moitas grazas pola visita!
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA
Cada 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar da Paz e non Violencia. Este día, ten como obxectivo fomentar a educación na tolerancia, na solidaridade, na concordia, no respecto aos dereitos humanos...Valores que inculcamos a diario no alumando do colexio. Este 2024 para celebralo, decoramos pombas nas aulas; cantamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras "Móvete". Asemade na biblioteca elaboramos un mural. O martes 30, gravamos ás diferentes aulas e xuntámonos todos no patio, para compartir entre todos e todas este Día.
Velaquí tedes o resultado.