XUNTAS NO MESMO CAMIÑO

Co gallo do Día Internacional da Muller 2022, dende os equipos do centro, promovemos distintas actividades co obxectivo de lograr a igualdade entre os xéneros, igualdade efectiva para conseguir un mundo pacífico, próspero e sostible.

Actividades:

En relación ao Proxecto: "Tilandra no camiño", o alumnado de cuarto de Educación Primaria, realizou un traballo de investigación, sobre unhas mulleres emblemáticas na cidade de Santiago de Compostela: As Marías da Alameda. Elaboraron un cartaz e para rematar gravaron un audio explicativo sobre elas.

Nas distintas aulas elixiron unha palabra que define ás mulleres que se atopan arredor de nós. Mulleres valentes, loitadoras, independentes, protectoras, fortes, decididas...Con todas as palabras, construímolo mural :"Xuntas no mesmo camiño".

No Día Interncional da Muller, queremos lembrar ao pobo de Ucraína, que está sufrindo as consecuencias dun conflicto de imprevisible futuro, e queremos homenaxear dun xeito agarimoso, ás MULLERES; MULLERES ORGULLOSAS E VALENTES loitando polos dereitos humáns, que tan avasallados están nestres intres. As nenas e os nenos de sexto gravaron unha emocionada mensaxe.

Os nenos e nenas de primeiro bailaron a canción das Tanxugueiras.

En educación musical prepararon unha coreografía coa canción "Ella" de Bebe, no seguinte enlace tedes o resultado: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/754

Velaquí tedes un vídeo resumo.

 

 
 

Powered by Drupal - Design by artinet