Skip to Content

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Facede click na imaxe para acceder á información e descargar os impresos.

 

Club de Lectura para familias

Desde a biblioteca queremos apoiar e animar ás nais e pais que non poidan participar polo coidado dos fillos e fillas.

Se é o voso caso poñédevos en contacto connosco.

Agardámosvos o martes, 7 de febreiro, as 17:30!

Os nenos e as nenas aprenden o que ven.

Actividades Bibloteca

Estimadas familias:

Deixamos o enlace ao blog coas actividades deste intenso primeiro trimestre: A inauguración da biblioteca tras a reforma, o certame de CIENCIA ficción, os apadriñamentos lectores no 25N, as actividades que se fan no recreo, o inicio do Club de lectura, as primeiras colaboracións das Familias e a ciencia, o Consello da infancia, e as Recomendacións lectoras de cara ao Nadal.
 
Moi felices festas a todos e todas!!

Bo Nadal do CEIP Otero Pedrayo

Somos centro Edixgal

Este curso escolar embarcámonos no Proxecto Edixgal, que trata da implantación do libro dixital no noso centro. Ese ano comeza co 5º curso de primaria e o vindeiro ano estenderase a 6º.

Grazas a Edixgal o alumnado pode usar un EVA (Entorno virtual de aprendizaxe), a través de portátiles cedidos pola Consellería. Así os nosos alumnos contan cun portátil cada un deles para acceder aos libros dixitais, material facilitado polo profesorado, facer actividades online e moitos máis recursos que lles ofrece este entorno para dinamizar a súa aprendizaxe.

O noso alumnado está realmente emocionado coa experiencia aprendendo a crear contido dixital para familiarizarse coas novas tecnoloxías.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut