Skip to Content

Animación á lectura

CONCURSO SABEDORIÑO - DIA DAS BIBLIOTECAS

Co gallo do día das bibliotecas, Sabedoriño, o noso moucho, convocou ós nenos da escola a facer un debuxo del caracterizado. Ben sabedes que este ano son os Xogos Olimpíndicos, e tense que vestir para a ocasión!

Bulide ben a facer o debuxo, que só temos unha semana! Este Sabedoriño traballa de noite e non nos deixa durmir de día! 

           

Groliños de lectura

SEGUIMOS COA SEMANA DO LIBRO - GROLIÑOS DE LECTURA 

Que mellor maneira para celebrar a semana do libro que... recomendando o noso libro favorito? Cada neno e nena debuxou nun folio a portada do seu conto preferido acompañado do título e do nome da persoa que o recomenda. A idea con esta actividade é coñecer aos nosos compañeiros/as a través das súas preferencias literarias. Mirade que chulo nos quedou o mural que fixemos con todas as aportacións. 

 

DÍA DO LIBRO 2023

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2023 

Hoxe luns 24 de abril celebramos o día do libro (23 de abril). Por parellas e todos xuntos desfrutamos do momento da letura sentados en colchonetas ao longo do ximnasio. Non só lemos senón que tamén desfrutamos da compañía de nenos e nenas cos que moitos nunca faláramos. Foi moi divertido! 

Día de Rosalía

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Onte, 28 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro a través dun contacontos ilustrado e con música en directo do colectivo Polo Correo do Vento (Enrique Mauricio e Carlos Taboada). 

Contáronnos a biografía de Rosalía dunha forma moi divertida e despois convertímonos en verdadeiros ilustradores! Seguindo as indicacións do ilustrador Carlos, cada un de nós fixemos unha caricatura de Rosalía. A verdade é que quedaron xenial e pasámolo en grande! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut