13-14. Día Internacional da Muller


O Día Internacional da Muller (8 de marzo) é unha data na que as mulleres de todos os continentes, a menudo separadas por fronteiras e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar unha tradición de non menos de noventa anos de loita en pro da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.

Neste ano 2014, no noso centro, coa consigna de “CONSTRUIMOS A IGUALDADE”, propoñemos, desde unha óptica positiva, a construción dun muro, representativo dunha sociedade igualitaria da que todas e todos formamos parte e na que todas e todos somos necesarios e temos a mesma importancia.