Letras Galegas 2016


Manuel María nace en Outeiro de Rei da Terra Chá (Lugo) o 6 de outubro de 1929, no seo dunha familia de labregos máis que acomodada. Vive os seus anos da nenez e da adolescencia como calquera outro neno do mundo rural, coa única diferenza de que na súa casa non sufrirán nunca a miseria e a fame que coñecen a maioría das familias naqueles primeiros tempos da posguerra. Comeza a escola en Outeiro en plena guerra civil. Logo prepara en Rábade o ingreso no Instituto cun mestre que dedica as tardes dos sábados a ler e comentar textos poéticos galegos -algo verdadeiramente sorprendente nesa época-, o que lle permite descubrir a existencia da literatura galega nesa etapa inicial da súa vida. Inicia o Bacharelato no curso 1942-43 no Instituto Masculino de Lugo. Antes de rematar o primeiro curso, en maio de 1943, morre o seu pai e faise cargo da súa educación o seu tío paterno, párroco de San Froilán e profesor de Filosofía no Instituto Feminino da cidade luguesa. Son anos duros e difíciles, que o futuro poeta vive como internado na Academia Galicia dos maristas até que no 1947-48 regresa ao Instituto para rematar o bacharelato. Sempre que pode, de calquera xeito, retorna aos seus eidos, á liberdade de Outeiro de Rei, onde vive días moi felices coa nai e cos irmáns, integrándose plenamente no mundo labrego. Precisamente é cun criado que traballa na casa, Manuel de Paderna, co que aprende a facer versos nos mediodías do verán, á sombra dunha oliveira. Ademais da influencia cultural do seu tío crego, moi formado en Teoloxía, Filosofía e Literatura, nese tempo da adolescencia de Manuel María é para el lectura habitual A Biblia, a obra de Rubén Darío, os clásicos españois e a Xeración do 27.

 

FESTIVAL EDUCACIÓN INFANTIL


  • 3 anos B. Conto: “Os tres porquiños”.
  • 3 anos A. Canción: “Fun ao mercado”.
  • 4 anos C. Conto: “ O pez arco iris”.
  • 4 anos A. Conto: “A mosca chosca”.
  • 4 anos B. Conto: “Camilón Comilón”.
  • 5 anos A. Poema: “O río” (Manuel Mª).
  • 5 anos B. Canción: “A saia da Carolina”.
  • 5 anos C. Poema:“O meu barco”(Manuel Mª).
  • Vídeo. Nos tamén creamos. ”A figueira de Pelostortos”.
  • 5 anos A, B e C Canción: “Cantiga de Pelostortos”.

FESTIVAL 1º, 2º E 3º DE EP


  • 1ºA.Representación : “Negros e Blancos”.
  • 1ºB. Representación: “As ceras de cores”.
  • 1ºC. Representación: “A vaca que puxo un ovo”.
  • 2ºA. Canción: “Señor gato, atención”.
  • 2ºB. Representación: “A voda do piollo e a pulga”.
  • 2ºC. Representación: “Pasamos a terceiro”.
  • 3ºB. Poema: “A etrela sen nome”.
  • 3ºA. Representación: “Auto do regato do Capelo”(Manuel Mª).
  • 3ºC.Poemas: “Poemiña para namorar unha rosa” e “Galicia”.

FESTIVAL 4º, 5º E 6º DE EP


  • Relatos orais:
  • 5ºA. Relato: Estampas de “Soños na gaiola”.
  • 5ºC. Relato : “Historia de un labrego con algo de poeta”.
  • 6ºB. Relato: “Lendas de Santiago”.
  • 6ºC. Relato: “Sabedoría no goberno”.
  •        Relato: “As apariencias”.
  •        Relato: “O avó”.
  • 4ºA. Poemas de Manuel Mª.
  • 4ºB. “Uns minutos de publicidade”.
  • 4ºC. “Muiñeira das patelas”.
  • 5ºB. Poema e danza “”Remix: Medo”. Canción: “Galicia”.
  • 5ºC. Poema: “Amizade”.
  • 6ºB. Representación: Berenguela”.
  • 6ºC. Poema de Manuel Mª.
  • Varios. Representación musical: “O aradiño de pao”.
  • Entrega de premios:  concurso tecnolóxico e de relatos orais.