EDL. Actividades anuais 16-17


  

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 

 

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Rosalía de Castro (Santiago 1837- Padrón 1885)  é a autora máis importante das letras galegas modernas e unha das figuras máis relevante da literatura galega. Mito e símbolo de Galicia.
É autora de grandes obras como "Follas Novas" ou "Cantares Gallegos". Foi unha escritora innovadora e comprometida socialmente, adiantada ao seu tempo, e que empregou o galego na literatura cando moi poucas persoas o facían.
Unha autora universal que foi traducida ás principais linguas do mundo. Foi unha muller singular, cun gran espírito crítico e de extraordinaria sensibilidade.
Un dos poemas que mellor reflicten esa fonda alma, dor intensa e vital, é “Negra sombra”, un dos poemas máis coñecidos dela e un dos cantos máis difundidos de Galicia.
Este ano, celébranse os 100 anos da inauguración do monumento dedicado á escritora no  Paseo da Ferradura da Alameda de Santiago de Compostela.
Pedímosvos que fagades unha fotografía, dos vosos fillos  e fillas,  diante desa estatua e que a peguedes no díptico.
Con todas as fotografías, que aportedes voluntariamente,  realizaremos unha exposición no colexio para homenaxear a esta escritora, “símbolo indiscutíbel e rostro de Galiza” , verbas de  Miguel Anxo Seixas, autor do libro “Quen fora pedra”.

 

 

 

ANIVERSARIO DE EDUARDO PONDAL


Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?
Que din as altas copas
D'escuro arume arpado,
Co seu ben compasado,
Monótono fungar...?

Do teu verdor cingido,
É de benígnos astros,
Confin dos verdes castros,
E valeroso clán,
Non dés a esquecemento,
Da injuria o rudo encono;
Despérta do teu sono,
Fogar de Breogán.

Os boos e generosos,
A nosa voz entenden;
E con arroubo atenden,
O noso rouco son;
Mas, sós os ignorantes,
E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
No-nos entenden, non.

Os tempos son chegados,
Dos bardos das edades,
Q'as vosas vaguedades,
Cumprido fin terán;
Pois donde quer gigante,
A nosa voz pregóa,
A redenzón da bóa
Nazón de Breogán

(Texto orixinal. 1890)

Partitura / Versión coral en mp3

 


 

DÍA DA PAZ


Desde o EDL propuxemos para o Día da Paz a visualización dunha película e elaboración dunha secuencia de fotogramas sobre a mesma.

 


  • Iria Abades Domínguez, 6º de EI A
  • Carme Ginarte Neira, 2º EP A
  • Martina Domínguez Vidal, 4º EP A
  • Xena Bretal Domínguez, 6ºEP A
 

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL


De cara ao Nadal, a ANPA A Ferradura proponnos un concurso de postais de Nadal.
No concurso poderá participar todo o alumnado do centro.
As postais, en tamaño folio (A4), deberán ser entregadas á Xefa de Estudos como data tope o venres 9 de decembro.
O nome, curso e grupo figurará na parte posterior da postal.

PREMIOS:

Un premio de 50€ nun ticket regalo para cada gañador ou gañadora dos seguintes niveis agrupados: EI, 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º de EP.
Os premios entregaranse o día do respectivo festival de Nadal.

 


 

Cruz Gallástegui: as orixes da xenetica en Galicia

Juan R. Gallástegui. Catedrático de Física e Química.


O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galicia, no que o pobo galego fai un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

Este ano adícaselle o día a Cruz Gallástegui. Nós celebrarémolo o día 9 de decembro cunha conferencia impartida por Juan R. Gallástegui, Catedrático de Física e Química e neto do galardoado.

  • 9 de decembro. Alumnado de 5º e 6º de EP.

 

 

O MAGOSTO


O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva este nome.

Nós, no colexio, celebrarémolo o venres 4 de novembro.


  ...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O MAGOSTO

 


 

AS FOTOS DE OUTONO

Pretendemos realizar una exposición sobre esta estación con fotografías realizadas polo alumnado no ámbito familiar. Cada enno ou nena poderá traer unha fotografía impresa dunha imaxe que sexa representativa do outono en Galicia. As fotografías deben traer escrito na parte posterior o nome da nena ou neno, o curso e o lugar que aparece na imaxe.

Para acompañar estas imaxes necesirtamos una frase curta sobre esta estación. A data límite é o mércores 18 de outubro.

 

 

 O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta e a súa festa na honra dous defuntos, marcando o paso do outono ou inverno.  Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación:  preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

Nós, no colexio, celebrarémolo desde o 26 ao 29 de outubro.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN

 
 

Exposición de cabazas decoradas

do 26 ao 28 de outubro.


¿COMO SE FAI UNHA CAVEIRA NA CABAZA?

A técnica do tallado da caveira é ben sinxela. Comézase facendo unha incisión superior semellante a unha boina. Afástase este bonete, límpase por dentro axudándose dun raspador. Tendo o interior ben limpo e rebaixado, fanse dous furados para os ollos, outro para ou nariz e outro para a boca. Pódese rematar poñéndolle uns pauciños nos beizos a xeito de dentes e prendendo unha vela no seu interior co coidado de colocala convenientemente para que non caia.