EDL. Actividades anuais 18-19


  

 

ACTO LETRAS GALEGAS - INFANTIL
15-5-2018 (12:00h. Salón de actos)

Canción: “Pirin pin pin” 3 anos A-B-C
Canción: “A Carolina” 4 anos A-B-C
Canción: “Eu teño un canciño” 5 anos A-B-C
Canción: “Dime que fixeches”. 3 anos A
Canción: “O galo canta”. 3 anos B.
Canción: “Sinfonía de Uxía”. 4 anos A.
Teatro: “A avelá” .4 anos B.
Canción: “Samba Oh Lelé”. 4 anos C.
Baile: “A muiñeira de Lugo” 5 anos A.
Poema: “Parece una rosa””. 5 anos B.
Canción: “Quérote máis”. 5 anos C


ACTO LETRAS GALEGAS – 1º, 2º, 3ºEP
15-5-2018   (09:30h. Salón de actos)

Canción: “Catro vellos mariñeiros” 3º A-B-C
Canción: “A sementeira” 3º A-B-C
Canción e baile: “O rap da lingua” 1º A
Poema recitado: “Os meses do ano” 1ºC
Baile: “O vello mentireiro” 1ºB
Canción: “Eu non sei que pasou no muiño” 1º A-B-C
Teatro: “Os sete cabritos” 3ºA
Canción: “No bico un cantar” 2ºA
Teatro: “O casamento da pulga e o piollo” 3ºB
Canción: “Malaxente” 2ºB
Teatro: “O elefante comellón


ACTO LETRAS GALEGASCONCURSO RELATO ORAL: 4º, 5º. 6ºEP
16-5-2018 (09:30h. Salón de actos)

Canción: “A rianxeira” 4ºA
Teatro: “O galo Quirico” 5ºA
Regueifa: “Os regueifeiros de 4ºB”
Relato: “O mundo dos tontos ou dos parvos” 5ºB
Poemas 4ºC
Relatos: “Que contamos?”, “Abuelita” e Relato oral

 

 


EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 

 

 

O SAMAÍN


Na noite do 31 de outubro comeza o ano novo celta. O samaín é a súa festa na honra dos defuntos, marcando o paso do outono o inverno.  
Nesta noite, un pobo con fondas crenzas relixiosas relacionadas coa inmortalidade e cunha preocupación natural polos queridos defuntos expostos ao frío e á escuridade do inverno, buscou e atopou un mecanismo de reparación: preparar alimentos e agasallos por parte dos parentes vivos aos parentes mortos.

O próximo 31 de outubro, na celebración do Samaín, o alumnado poderá vir disfrazado acorde coa proposta realizada polo Equipo de Dinamización Lingüística: bruxas, bruxos ou meigas, meigos coa creatividade propia de cada familia.
As cabazas e os froitos de outono acompañarán a celebración. Poderán decorarse sen baleirar co obxecto de que a súa durabilidade sexa maior. A partir do 26 de outubro comezaremos esta exposición.


...SE QUERES SABER MÁIS SOBRE O SAMAÍN

 

 


 

CASTELAO MAXISTRAL

A derradeira lección do mestre

EXPOSICIÓN: CIDADE DA CULTURA


 

O óleo «A derradeira lección do mestre» representa o pranto desconsolado de dous nenos ante o cadáver fusilado do seu mestre. Castelao quixo render homenaxe a outro insigne nacionalista, Alexandre Bóveda, xulgado sumariamente e executado polo bando franquista, levando o seu rostro ao do cadáver do cadro. No seu transfondo, a obra reproduce unha realidade que tivo lugar na Galicia da posguerra, a da persecución dos mestres republicanos por parte das autoridades franquistas.

O cadro é unha obra de dous metros de altura que, a pesar da súa transcendencia, non formara parte ata agora de ningunha exhibición ou mostra, máis aló de decorar estancias do Centro Galicia. Precisamente, esta histórica mutualidad foi vendida a finais do pasado a unha compañía sanitaria privada tras máis dun século ao servizo -nos seus comezos- dos emigrantes galegos e os seus descendentes.