Escola de Nais e pais


 

 

Escola de Nais e Pais


O Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei 4/2011, establece no seu artigo 27 que cando así se determine no plan de convivencia de cada centro e cos requisitos que se establezan naquel documento, poderán crearse as escolas de nais e pais para por iniciativas tendentes a previr e resolver conflitos de convivencia, mellorar a convivencia e  fomentar  o  respecto  mutuo  e  a  tolerancia  no  centro  educativo.  As  referidas  propostas  serán elevadas ao consello escolar de cada centro e serán recollidas na memoria anual da Comisión de Convivencia.As escolas de nais e pais, como recurso e espazo facilitador da participación das familias,  representan  unha  oportunidade  para  a  mellora  da  calidade  na  relación  familias-escolas, que constitúe un piar fundamental para calquera sistema educativo.

Co obxecto de promover a creación e o efectivo funcionamento das escolas de nais e pais previstas na lexislación vixente e nas iniciativas vinculadas a programas educativos institucionais, como modo de garantir a convivencia pacífica e a participación das nais, dos pais e dos representantes legais, como integrantes de pleno dereito da comunidade educativa.