22-23. Día Internacional da Muller


 

Concurso literario: Somos iguais


 

Os traballos orixinais e en galego, terán de externsión como máximo un folio, versarán sobre a igualde de xénero entre os homes e as mulleres, a diversidade...
No traballo figurará o nome, curso e nivel do alumnado.
O xurado, estará formado polo profesorado coordinador dos niveis participantes así como pola responsable de igualdade do centro.

Os traballos entregaranse antes do 15 de marzo na xefatura de estudos.

 

 

         
 

Rocío Leira

Mulleres na ciencia e na literatura


A matemática e escritora ceense vén de gañar un prestixioso galardón de Xerais, o Jules Verne de Literatura Xuvenil, cunha novela que mestura filosofía con suspense e intriga
Os Xerais son os maiores premios da narrativa en galego, e un deles, este 2022, o Jules Verne de Literatura Xuvenil, chegou para Rocío Leira. Quedara dúas veces finalista con Trececatorcedezais, mais a vencida foi con Cicuta para dous, unha novela que mestura filosofía e intriga.

  • Alumnado de 5º e 6ºEP.