2009. Exposición de trompos


 

Co motivo  da celebración do Magosto, o próximo día 14  de Novembro, dende o  Departamento  de E.F. e en colaboración co Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares, temos pensado organizar unha “Exposición de trompos decorados”. Para iso pedimos a todos os nenos e nenas que queiran participar, traian un trompo pintado da casa, o trompo deberá vir co nome e o curso.
Tamén si na casa tedes  algún trompo antigo, dos país ou  avós, si queredes tamén o podedes traer. Todos os trompos serán devoltos ao térmo da exposición.
Os profesores de EF recollerán os trompos entre o venres 7 e o luns 11  de Novembro, polas clases.
A exposición estará aberta  para todos os que queiran visitala dende o día 11 ata o día 25 de Novembro.

Desde o Departamento de Educación Física queremos agradecer a colaboracións de todos e todas as que fixeron posíbel esta exposición.