Día da Paz 2010



Solidariedade co pobo de Haiti

 

28/01/2010. O CEIP Pío XII, con motivo da catástrofe humanitaria acontecida en Haiti, realizará unha recollida voluntaria de donativos que serán entregados á ONG Médicos sen Fronteiras, que participa na súa recuperación. COLABORA.

04/02/2010. O CEIP Pío XII fixo entrega á Delegada da Zona Noroeste de Médicos Sen Fronteiras, Dna. María Díaz Martínez da cantidade de 2.239 € que foron recadados coa axuda solidaria das nenas e nenos do CEIP Pío XII.

 

 


Celebramos o Día da Paz

 

Cada ano desde 1964, o día 30 de xaneiro celébrase "O DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA", en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI, o home que coas súas accións de non violencia consiguiu ua independencia da India e que foi asasinado ese mismo día en 1948. Tamén se lembra a morte doutro pacifista, MARTIN LUTHER KING, que coa non violencia fixo cambiar o sentir de moitas persoas no mundo e moi especialmente en Estados Unidos.

Nós tamén conmemoramos ese día con actividades que nos fagan meditar a respecto de como se poden acadar os nosos obxectivos de xeito pacífico. Celebrarémolo o día 29 de xaneiro.