Horto escolar. 08-09


  Desde finais do mes de abril, un grupo de alumnos/as de 5ºB  estivemos indo durante os recreos ao horto escolar.
Guiados polo noso titor e o director, preparamos a terra e plantamos moitas clases de legumes e verduras.
- O primeiro día o profesor e o director ensináronnos como plantar leitugas: primeiro hai que facer un rego, logo plántanse  leitugas,  e por último bótanselle dous tipos de abono, un orgánico de esterco de cabalo e outro inorgánico de plantas, e o final cúbrese de terra.
- Outro día plantamos pementos de Padrón, tomates, cebolas e acelgas; foi moi interesante e divertido. Fixemos tres semilleiros un de leitugas e dous de acelgas suizas.
- Ó seguinte día plantamos chícharos e pementos morróns e de Arnoia.
Algúns días tiñamos que quitar as malas herbas e fomos vendo como as leitugas, as acelgas, os tomates, os pementos, as cebolas, os allos, todo medra e medra. Vimos como nacían as fabas, os chícharos, as cabazas...
Agora todo está moi medrado; as leitugas son grandes , os tomates e os pementos  xa teñen flor e resulta increíble ver como todo medra.
Claro que nos o coidamos moito; e co rego que lle da Suso (o conserxe) coa temperatura que hai o invernadoiro parece que todo medra de día a día.
¡¡E como recompensa polos coidadodos que lle adicamos ao horto levamos para a casa unha enorme leituga cada un!!, e esperamos ver os pementos, os tomates, as cebolas e … en setembro
Foi un esperiencia inolvidable, e aprendimos como facer un horto grazas a axuda do profesor e do director.