Como é e onde está


 

A Biblioteca Escolar consta dei varias zonas: de lectura e consulta habilitadas para as distintas idades, multimedia, de empréstitos, de traballo en equipo, etc.

A bilioteca está ubicada no segundo andar do edificio. [VISITA VIRTUAL].

  Os Libros están situados en andeis, ordenados pola Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizados mediante carteis que indican a clase á que pertence (cor, número e unha frase).
Cada libro leva un adhesivo rectangular na parte inferior do lombo que contén: a identificación se o libro é en galego, a cor da situación no andel, a cor da CDU, o número de CDU, as iniciais do autor e as iniciais do título.
Coa sinalización da CDU no adhesivo de cor será doado localizar os libros. Hai distintas seccións: educación infantil, primeiros lectores, 6 a 8 anos, 9 a 11 anos, 12 en diante e comic.
Os libros de consulta: enciclopedias, dicionarios, atlas, etc. pódense atopar á dereita nada mais entrar. Lembrar que son de consulta e que polo tanto non se emprestan pois deben estar a disposición de todos os usuarios.
 

Os libros están ordeados  segundo a CDU e ubicados nun andel determinado que aparece indicado xunto ao número de rexistro que está na primeira páxina do libro.

Para os máis pequenos, dispoñemos de marcadores, que son unhas tiras longas cada unha delas cun distintivo diferente, que nos permiten indicar o lugar no que collimos o libro e volver a situalo no mesmo sitio unha vez rematada a súa lectura. 

  Na zona multimedia hai computadores para uso exclusivo do alumnado. Pódense utilizar para consultar o catálogo da biblioteca,  enciclopedias ou CD ROM,  buscar información en internet,  xogos educativos, etc. 
Co fin de que outros usuarios tamén poidan utilizar os equipos haberá un límite máximo de 20 minutos por usuario e día. Transcorrido ese período o computador pecharase automaticamente. Para poder utilizar esta zona é necesario dispoñer do carné da bibilioteca.
A respecto da zona multimedia
Non está permitido modificar a configuración dos equipos en ningún sentido, así como danar ou destruír equipos, programas ou bases de datos que pertenzan á biblioteca ou a outros usuarios, incluíndo agregar, alterar ou borrar arquivos na memoria dos computadores.
A navegación por Internet non está exenta de riscos. Por iso, sempre se utilizará Internet en presenza do bibliotecario, non estando permitido realizar actividades de carácter persoal tales como enviar ou recibir correos electrónicos, entrar en chat ou enviar datos persoais a concursos ou páxinas Web descoñecidas a menos que teña relación coa busca de información e sempre coa autorización expresa do bibliotecario e da titora ou titor do seu curso.