Horto escolar. 11-12


ÁRBORES POR TODAS PARTES
 

1. As árbores monumentais


Confererencia do profesor Carlos Rodríguez Dacal.

 

18 de abril. Alumnado de 3º ciclo. Salón de Actos.

   

 

2. A plantación de landras


 

A primeira actividade desenvolvida foi a plantación de landras. Sementes dos futuros carballos que plantaremos o día da árbore do 2012.

Comenzamos sementando nove árbores como fixo Wangari. Un por cada nivel, que se preocupará do seu estudo e coidado.

Logo fixemos un semilleiro. Cada alumna e alumno trouxo un brick que reciclamos como recipiente para a plantación

 

 


 

O CEIP Pío XII ten confirmada a súa participación no proxecto Voz Natura par o curso 2011-2012.
Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar galega na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.

A financiación obtida coa participación neste proxecto é de 800€.

O noso proxecto denominado "Árbores por todas partes" esta basado na actividade desenvolvida por Wangari Maathai, unha nena keniana, brillante estudante, que chegou a ser aprimeira mulle da África Oriental en obter un doctorado.

Wangari comenzou o movemento verde en Kenia, co obxectivo de deter a masiva deforestación do seu país que estaba a mudar os hábitos e a vida cotiá especialmente nocaso das mulleres. Wangari chegou a plantar e Kenia máis de 30 millóns deárbores para evitar a erosión do chan.

Wangari obtivo o premio Nobel da Paz no ano 2004. Faleceu en 2011.

   

 

Neste curso o alumnado de Educación Infantil seguimos a coidar do invernadoiro.
Preparado e organizado por parcelas, plantaremos leitugas, xudias, cenorias... e como non, os de 5 anos... patacas.