Skip to Content

Nadal no Pondal

Libros de texto primeiro de Educación Primaria

 

Publicación da listaxe dos libros de Inglés e de Plástica para o primeiro curso de Educación Primaria:

 

* Para o curso de segundo e terceiro de Educación Primaria non se precisa libro. Na listaxe de material que se entregará ao alumnado nos vindeiros días, pediráselle mercar un cuadernillo que está pendente de elección. 

 

Listado de libros curso 2022/2023

 

 

 

Publicamos o listado de libros para o vindeiro curso 2022-23. Se publican os listados de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e os dos cursos 1º, 2º e 4º de Educación Primaria. Os cursos 5º e 6º de Primaria non teñen que mercar libros ao estar dentro do programa Edixgal e utilizar libros dixitais.

 

*O listado de libros de 3º de Educación Primaria está pendente de ser publicada nos vindeiros días. 

 

Convocatoria fondo libros e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

Publicada a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

Preme para ler a Orde 

A presente Orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino

 

  • Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar para todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.

 REQUISITOSPreme para ler or requisitos da convocatoria.

Para solicitar estas axudas é preciso presentar o Anexo I e II  preferiblemente por vía electrónica e opcionalmente poderase presentar no centro docente mediante cita previa chamando ao teléfono 886 120 261 

Plazo de presentaciónDo 19 de maio ao 22 de xuño

Recoméndase a presentación telemática a través do aplicativo FONDOLIBROS

 

A nosa radio xa está en marcha!

A nosa radio xa está en marcha!  Despois da concesión ao centro do programa "Radio na Biblio" e tras uns meses de montaxe creamos os nosos primeiros programas de radio ( podcast) co gallo da celebración das Letras Galegas.

   

 

Distribuir contido


by Dr. Radut