Skip to Content

Dentro do cole

23 ABRIL, DÍA DO LIBRO

 

                                                                        DENDE A BIBLIOTECA PROPÓÑENNOS ESTA LECTURA

 

APÚNTATE Á COMPOSTAXE!

 Participamos nun programa chamado REVITALIZA, que consiste en coñecer o mundo da compostaxe.
*En infantil contáronnos o conto OS BICHOCOS E O COMPOST. A través da pandilla dos Bichocos aprendimos como é o proceso da compostaxe por medio dunha escola moi particular: A COMPOSTECA.
En 1º e 2º de primaria xogamos a un xogo moi curioso: O XOGO DA MIÑOCA. Foi unha actividade na que apendimos  conceptos básicos da compostaxe.
O resto dos cursos de primaria participamos nunha charla denominada  QUEN VIVE AÍ? Na que profundizamos máis neste mundo de aproveitamento dos restos de comida e demáis.
E xa o último día participou todo o cole na POSTA EN MARCHA DO COMPOSTEIRO, onde, ademáis de amosarnos como se monta un composteiro, déronnos instruccións para saber que se pode botar e que non,  o seu mantemento, coidados básicos…
 
PARA SABER MÁIS, FÍXATE NAS REDACCIÓNS DOS ALUMNOS DE 5º . PREME AQUI

AGORA SO NOS QUEDA FACER UN BO COMPOST PARA O NOSO HORTO!!

DE PEQUENO, NO COLE, XOGABA A...

         O día 8 de Abril os mestres Adrián, Ánxela e a Helena Melo (Elvas - Portugal) participaron nunha videoconferencia         presentando o proxecto de investigación de xogos populares e tradicionais.
          Tratouse dun:                                  Evento de difusión dos proxectos que se están a desenvolver dentro do Plan Proxecta: Patrimonio cultural europeo en colaboración no programa eTwinning.
 

 

PARTICIPANDO EN ETWINNING

DE PEQUENO, NO COLE, XOGABA A...

      Os alumnos de 3º comezaron no 2º trimestre a traballar neste proxecto, xunto cos alumnos de 3º do    Agrupamento de Escolas nº 2 de Elvas, Elvas, PortugalNeste proxecto participan do noso colexio, 2 mestres de 3º e  do colexio de Elvas 5 mestres.
Ata o momento cada colexio fixo as súas presentacións e investigou sobre os xogos que lle contaron os seus maiores.
O día 26 de Marzo coñecémonos por videoconferencia. Descubrimos que:  temos xogos iguais con distinto nome e que xogamos aos mesmos xogos . Tamén compartimos como nos sentimos cando estivemos confinados.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut