Skip to Content

Dentro do cole

XORNALISTAS POR UN DÍA!

 Nesta semana tivemos o privilexio de entrevistar á talentosa pintora Beatriz Seijo Lamas, quen compartiu con nós a súa pasión pola arte e o seu proceso creativo. Nós e o alumnado que participa con nós neste proxecto de eTwinning tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa obra, inspiración e técnica. Quedamos fascinados pola obra de Beatriz.
Se queres coñecer máis sobre a súa obra visita a súa páxina web. https://www.beatrizseijo.com/
 

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA, 17/04/2024

Coma en cursos anteriores todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria,
participou nesta celebración.

DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN

21 de marzo, celebramos o día mundial do Síndrome de Down. O noso cole está comprometido coa sensibilización e o respecto ás diversidades, que tanto nos enriquecen. Por iso onte nos unimos a @downespana para dar visibilidade a su campaña, co lema #extracapacitados . Reflexionamos co alumnado sobre as barreiras que afrontan as persoas con diversidade funcional para acceder ao mundo laboral e noutros moitos ámbitos, incidindo en que está nas súas mans derribar estas barreiras e construír un mundo máis xusto e igualitario.

RCP NA ESCOLA

Todo o alumnado de E. Primaria e 5 anos de E. Infantil asistiu a unha xornada de RCP impartida por un grupo de enfermeiras que se achegou ao noso colexio. Os maiores tamén coñeceron o DESA.
Distribuir contido


by Dr. Radut