Skip to Content

Comunicados do Centro

Comunicados do Centro

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA

A Consellería de Educacion ven de publicar os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre
o alumnado matriculado en Educación Primaria

                                       
 
 
 
  Para máis información xúntase a
 Orde do 6 de novembro de 2020 Preme aqui
 
 
   Achéganse os Anexos I e II para cumplimentar as familias que o precisen. Do 16 ata o 27 de Novembro
Preme na frecha para descargar os anexos
 

CONTACTA CON ...

  

   DIRECCIÓN: 886110676             XEFATURA DE ESTUDOS: 886110675              SECRETARÍA: 886110674   
 
   SALA DE MESTRES:  886110677

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 DO CURSO 2020- 2021

 

Este plan elaborado pola Comunidade Educativa do noso centro,

irá engadindo todas as novas que incorporen as Consellerías de Educación e Sanidade. 

Non é un documento pechado.

 

 

 

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19

 Esta enquisa será de utilidade para que a Comunidade Educativa poida identificar
síntomas clínicos de sospeita de ter infección por coronavirus

 

CONVOCATORIA REUNIÓN FAMILIAS

Convocamos ás familias a una reunión informativa sobre as medidas adoptadas polo centro dada a nova situación sanitaria. As reunións terán lugar en distintos espazos do centro e nas seguintes horas e datas:
 
Nivel   Data                 Hora                    Lugar
 
3 anos  04/09/2020      11:30      Patio de Infantil
4 anos  04/09/2020      11:30      Patio de columnas
5 anos  04/09/2020      12:30      Exterior comedor
1º EP   07/09/2020      12:00      Exterior comedor
2º EP   07/09/2020      13:00      Patio de columnas
3º EP   07/09/2020      12:00      Exterior do pavillón
4º EP   08/09/2020      13:00      Exterior do pavillón
5º EP   08/09/2020      12:00      Exterior do pavillón
6º EP   08/09/2020      12:00      Patio de columnas
 
As medidas de seguridade serán as seguintes:
  • Un único asistente por alumno/a. (sen nen@s).
  • Separación entre persoas de 1,5 m.
  • Obrigatorio o uso de máscara en todo momento.
É MOI IMPORTANTE ACUDIR A ESTA REUNIÓN, XA QUE SE PRESENTARÁN TODAS AS NOVIDADES DE CARA O CURSO QUE COMEZA.
Un saúdo.
A dirección.

CURSO 2020-2021

 
Ola familias!
Son momentos de grande incerteza, pero dende o equipo directivo, e en nome de todo o claustro, queremos trasladarvos unha mensaxe de tranquilidade. Levamos tempo traballando na adaptación do novo protocolo á realidade do noso centro, e nas vindeiras datas, antes do comezo das clases, recibiredes unha convocatoria de reunión para informarvos de tódalas novidades o respecto.
Agardamos que vos atopedes ben.
Un saúdo. O equipo directivo.
 

#PORTOCABEIROQUEDANACASA

                                                                                        

 #portocabeiroquedanacasa

 

 Estimadas familias:

O Claustro do CEIP PLURILINGÜE PORTO CABEIRO quere aproveitar este espazo para desexar que tod@s vos atopedes ben, nestes tempos que estamos a vivir.

Na nosa web, creamos un espazo no que o profesorado de cada nivel colgará aquilo que considere necesario para a continuidade do ensino a distancia do noso alumnado. Ademais, vos facilitaremos unha proposta de organización dos tempos e algunhas actividades alternativas que vos poden ser útiles para sobrelevar mellor o día a día.

No caso de ter calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nós a través do correo do cole: ceip.porto.cabeiro@edu.xunta.es 

 #portocabeiroquedanacasa

#todovaisaírben           

  PROPOSTAS DE TRABALLO PARA OS DIFERENTES CURSOS.  Preme na imaxe de cada curso.

                                                                                  

                                      

 

     RETOS SEMANAIS ANTERIORES 

 

 

EN FAMILIA!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut