Skip to Content

Outras

Outras

OBRADOIRO IGUALARTE

 O 9 de maio tivemos a sorte de contar con @igualarte para impartir uns obradoiros... un contacontos para os máis pequenos, escola circense e globoflexia para os máis grandes... Pasámolo xenial, pero o mellor foi compartir esta experiencia con persoas con diversidade funcional que nos guiaron nos obradoiros e fixeronnos ver que todas e todos somos capaces! Moi orgullosos de colaborar coa iniciativa de @afundacion_org que pon o valor nas capacidades que todas as persoas podemos ofrecer, e colaborar na capacitación, máis que indispensable das persoas con neurodiversidade... Repetiremos seguro! 

 

 

LECTURA NA RÚA

 

  
 Lectura na Rúa celebrou a súa III edición con máis de mil participantes. A xuntanza       tivo lugar na Alameda de Castelao. Reunímonos 18 centros educativos e dous centros de     día  de Redondela para celebrar e divulgar a  importancia da lectura.
  Tivemos  10 min. de lectura silenciosa e 20 min. de lectura compartida. Ás 11:10h     intercambiamos libremente os marcapáxinas que traballamos durante a semana.. A partir   das 11:45h comenzaron as actuacións musicais da man de Gramola Gominola e Pablo     Ríos DJ quenes remataron o encontro.

 

FICANDAINA: ACHEGÁNDONOS Á REALIDADE DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

CAPACES DE FACER COUSAS EXTRAORDINARIAS
 
O 25 de abril, o alumnado de 3º asistiu á proxección de curtas sobre temas relacionadas coa diversidade funcional das persoas, amosando as súas capacidades e talentos. Achegáronse a esta realidade facendo actividades cos ollos tapados, ou pintando cos pés.

 

 

 

XORNALISTAS POR UN DÍA!

 Nesta semana tivemos o privilexio de entrevistar á talentosa pintora Beatriz Seijo Lamas, quen compartiu con nós a súa pasión pola arte e o seu proceso creativo. Nós e o alumnado que participa con nós neste proxecto de eTwinning tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa obra, inspiración e técnica. Quedamos fascinados pola obra de Beatriz.
Se queres coñecer máis sobre a súa obra visita a súa páxina web. https://www.beatrizseijo.com/
 

 

 

ESPALLAR TINTA

 A alameda de Castelao acolleu os días 16,17,18, de abril esta actividade na que participan os colexios de Educación Primaria e Infantil de Redondela para promover a dinamización da escritura e a literatura na infancia. O Concello de Redondela colabora co CEIP plurilingüe de Cedeira na organización deste proxecto. Nós asistimos o día 16

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut