Skip to Content

Dentro do cole

OBRADOIRO IGUALARTE

 O 9 de maio tivemos a sorte de contar con @igualarte para impartir uns obradoiros... un contacontos para os máis pequenos, escola circense e globoflexia para os máis grandes... Pasámolo xenial, pero o mellor foi compartir esta experiencia con persoas con diversidade funcional que nos guiaron nos obradoiros e fixeronnos ver que todas e todos somos capaces! Moi orgullosos de colaborar coa iniciativa de @afundacion_org que pon o valor nas capacidades que todas as persoas podemos ofrecer, e colaborar na capacitación, máis que indispensable das persoas con neurodiversidade... Repetiremos seguro! 

 

 

XORNALISTAS POR UN DÍA!

 Nesta semana tivemos o privilexio de entrevistar á talentosa pintora Beatriz Seijo Lamas, quen compartiu con nós a súa pasión pola arte e o seu proceso creativo. Nós e o alumnado que participa con nós neste proxecto de eTwinning tivemos a oportunidade de facerlle preguntas sobre a súa obra, inspiración e técnica. Quedamos fascinados pola obra de Beatriz.
Se queres coñecer máis sobre a súa obra visita a súa páxina web. https://www.beatrizseijo.com/
 

 

 

EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA, 17/04/2024

Coma en cursos anteriores todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria,
participou nesta celebración.

DÍA DAS ARTES GALEGAS

     

DENDE A BIBLIOTECA...

  DESCUBRIMOS A  FIGURA DE FRANCISCO ASOREY.
Preme aquí
 
Distribuir contido


by Dr. Radut