Lectura na Rúa celebrou a súa III edición con máis de mil participantes. A xuntanza tivo lugar na Alameda de Castelao. Reunímonos 18 centros educativos e dous centros de día de Redondela para celebrar e divulgar a importancia da lectura. Tivemos 10 min. de lectura silenciosa e 20 min. de lectura compartida. Ás 11:10h intercambiamos libremente os marcapáxinas que traballamos durante a semana.. A partir das 11:45h comenzaron as actuacións musicais da man de Gramola Gominola e Pablo Ríos DJ quenes remataron o encontro.
CAPACES DE FACER COUSAS EXTRAORDINARIASO 25 de abril, o alumnado de 3º asistiu á proxección de curtas sobre temas relacionadas coa diversidade funcional das persoas, amosando as súas capacidades e talentos. Achegáronse a esta realidade facendo actividades cos ollos tapados, ou pintando cos pés.
A alameda de Castelao acolleu os días 16,17,18, de abril esta actividade na que participan os colexios de Educación Primaria e Infantil de Redondela para promover a dinamización da escritura e a literatura na infancia. O Concello de Redondela colabora co CEIP plurilingüe de Cedeira na organización deste proxecto. Nós asistimos o día 16
O pasado martes 9 de abril o alumnado de 3° e 4°, participou nunha Xornada de Atletismo en pista, xunto con outros colexios da contorna. Pasamos unha xornada de convivencia na que fixemos diferentes probas: salto de lonxitude, lanazamentos de peso e vórtex..Esta actividade pertence ao Plan Proxecta na modalidade de XOGADE, e forma parte do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva. PÁSAMOLO XENIAL!
Convivencia entre o alumnado de 5º e algúns dos centros escolares que participaron na actividade de Xogade de Promoción de Voleibol. Despois de ter 3 sesións adicadas no colexio a este deporte, fomos xogar nas pistas do IFEVI. Preme na imaxe.
O alumnado de 1°,2, e 3° participou dun percorrido polas instalacións de Naturnova. Pasaron por diferentes salas dedicadas ao Sistema Solar, elementos da Terra, medio ambiente...nas que a través de paneis informativos, actividades interactivas, xogos manipulativos, maquetas, traballaron sobre o universo. Tamén visitaron un submarino no que descubriron o fondo marino da Ría de Vigo.