Skip to Content

Dentro do cole

FRIDAYS FOR FUTURE

 No día de hoxe reunímonos no patio pequenos e maiores xunto cos mestres. Tratábase de unirnos á movilización global polo clima convocada por Fridays For Future e, acompañados dalgunhas pancartas con mensaxes, cantamos a canción "Sing for the Climate". Non deixou de sorprendernos os consellos e opinións dalgúns alumnos e alumnas que coa súa espontaneidade nos fixeron reflexionar. 
 

 

 

PROXECTO #SUMATEAPETANCA

Hoxe, 25/04/2022 participamos nun evento de eTwinning xunto con outros 10 centros públicos (IES, Escolas Oficiais, CEIP...). Demos a coñecer o noso Proxecto ao resto de participantes basándonos na estrutura do Twinsapce.

UNHA FELIZ VIAXE POLA VIDA

 2 de Abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022
Hoxe desexamos 'Unha feliz viaxe pola vida», con este 'Nun mar azul' que se inclúe no disco de Maria Fumaça 'As que mais molan'
No colexio o visibilizamos con este  mural
 

CONTACONTOS SABELA GAGO

O xoves 31 de Marzo contamos no colexio todos os cursos coa contacontos SABELA GAGO
Todo o alumnado participou deste conto interactivo
 
 

BÁDMINTON 28/29 MARZO

Un curso máis participamos nas xornadas de promoción de bádminton organizadas pola FESBA.
Participaron os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º.
Aprendemos e practicamos saques, golpes, estratexias...

EXPOSICIÓN " CREANDO ANIMAIS..."

 Deixamos aqui as obras de arte feitas con material de reciclaxe que creou o noso alumnado coa axuda das súas familias

IMAXINA, CREA E... CONSTRÚE de CEIP PORTO-CABEIRO

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Os alumnos de 5º traballaron a alimentación saudable nun obradoiro organizado por Froitas Nieves
Preme na imaxe
XOGA COA NOSA CANCIÓN DA FROITA "VITAMÍNATE"
Distribuir contido


by Dr. Radut