Skip to Content

ERASMUS+

 

PROA+

EDUEXCHANGES

PLAMBE

ADMISIÓN ALUMNADO. LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Procédese á publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2023/2024 das solicitudes presentadas en prazo.

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro do centro ou na aplicación admisiónalumnado (empregando a chave 365 ou o certificado dixital). Non se publicarán na web, debido a lei de protección de datos.

Poderase formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte día ao da súa publicación.

Publicación de listaxes definitivas antes do 15 de maio.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

ADMISIÓN ALUMNADO 2024-25

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2024/2025, comunícase:

As solicitudes para 4º de Educación Infantil presentadas en prazo están todas admitidas.

Por outra parte, a familia do alumnado que solicitou praza en 3º de Educación Primaria deberá presentar a documentación complementaria xustificativa dos méritos alegados (se non a entregaron xunto coa solicitude de admisión) para realizar a baremación, xa que non hai vacantes dispoñibles.

O prazo de presentación desta documentación, é do 21 de marzo ao 5 de abril. A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario.

- Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos en cada un dos cursos: o 25 de abril (no taboleiro do centro educativo ou en sede electrónica).

- Publicación das listaxes definitivas: o 15 de maio.

- Prazo de formalización da matrícula para os admitidos será do 20 ao 30 de xuño.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

INFORMACIÓN ENQUISA EDIXGAL

Resultados enquisa

Nos seguintes enlaces podedes consultar os resultados da enquisa realizada ás familias sobre o programa Edixgal e a súa continuidade.

Equisa Xeral

Enquisa 6º EP

 

No seguinte arquivo presentamos información sobre o programa E-dixgal, os recursos cos que conta e outra información de interese.  

 

Enlaces de interese:

E-dixgal, Educación dixital - Información para as familias

Navegación segura en E-dixgal

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024 - 2025

 

CURSO 2023-24

CURSO 2023 - 24

Horario de secretaría:

- Martes: de 9:00 a 9:50 horas

- Xoves: de 13:10 a 14:00 horas

- Venres: de 13:10 a 14:00 horas. 

 

Correo de contacto do profesorado

 

 

BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

 CONVOCATORIA DE BECAS DE COMEDOR PARA O PRÓXIMO CURSO

Onte 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos.

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

-  na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/becas-comedor-para-el-curso-escolar-2024-2025/suceso/1453864601968

- na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256

- no teléfono 010 de información cidadán

 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut