Skip to Content

Actividades

HOMENAXE A UXIO NOVONEYRA

Merece a pena que empregudes este enlace para saber algo mais sobre o homenaxeado deste ano.

 NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

(A Branca-Petra do Courel)

CONTO GAÑADOR DO PRIMEIRO CICLO

O CONTO QUE SAÍU PREMIADO, NO PRIMEIRO CICLO, POLO XURADO DO COLEXIO FOI O DE LUCÍA ANDRÉS, ALUMNA DE SEGUNDO:

ROCIO E O ARMARIO BRILANTE

 

Erase unha vez unha rapaza que vivía en Galicia e tiña uns pais moi bos: Elisa e Xoan. A nena chamábase Rocío.

 

Un día Rocío quedara soa na casa. - Sabedes?, Rocío nunca quedara soa.

Rocío tiña moito medo. O seu armario brilaba sen parar.

Cando os seus pais voltaron, foi correndo cara eles:

- Rocio que pasa?- Dixéronlle os seus pais.

- O meu armario brila moito!- Respostou Rocío.

-Imos ver que pasa eiquí!- Dixéronlle sorprendidos

Cando abriron o armario: era a lanterna que tiña Rocío acesa! E colorín colorado este conto é rematado.

 

Lucía Andrés 

  

 

 

 

 

OS MAIOS EN REDONDELA

OS MAIOS DE ONTE A HOXE

OS MAIOS

REDONDELA CELEBRA O PRÓXIMO PRIMEIRO DE MAIO O SEU TRADICIONAL DESFILE E CONCURSO PARA PREMIAR A ELABORACIÓN E TRABALLO DOS MELLORES MAIOS E TAMÉN A REDACCIÓN DAS COPLAS MÁIS SATÍRICAS E MORDACES.

 

A ESCOLA DOS NOSOS AVÓS.

Esta é unha das fotos da  exposición sobre a escola dos nosos avós, que durante o mes de marzo estivo instalada na biblioteca do centro.

A ESCOLA DOS NOSOS AVÓS.

Axenda de actividades do E.N.D.L

Recordatorio de actividades:

  • Facer redacción ou debuxo sobre Novoneyra, para participar no concurso da Asociación Cultural de Portocabeiro antes do día 10 de maio.

  • Recoller brevemente os datos máis significativos sobre  persoeiros que dan nome ás rúas de Redondela para colocar nuns cadriños no rueiro que poremos no corredor do colexio.

  • Ir recompilando os materiais precisos para a elaboración da revista escolar QUINSA XX.Entregar as maquetas como  moi tarde o día  7 de maio para fotocopiar na semana seguinte.

  • Non esquezades as noticias de Xaquín.

  • Dentro duns días pasaremos a información sobre os  horarios e a explicación das actividades a celebrar nas Letras Galegas ( concurso de conto breve, concurso de recomposición de poemas ,de recollida de datos dos persoeiros que puxo o equipo da biblioteca polas escaleiras do centro, cantigas tradicionais galegas)

Conmemoracións no ano 2010

Neste ano 2010, conmemoramos:
  • 0s 125 anos da morte de Rosalia de Castro.
  • O centenario do nacemento de Ricardo Cavalho Calero e Luis Seoane.
  • O autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010, é Uxío Novoneyra.
Distribuir contido


by Dr. Radut