Skip to Content

Infantil

Infantil

Día Internacional da Paz e Non Violencia 2021.

O noso centro, sempre comprometido cos valores que representa esta commemoración, elaborou entre todo o alumnado este vídeo en linguaxe de señas.

NEVE NA AULA

Seguimos metidos de cheo no Inverno e a neve unha das características principais destas datas. Xa que nos, polo lugar onde vivimos, non a temos preto, que mellor xeito de facela chegar que simulandoa con escuma de afeitar. Aproveitamos para traballar as percepcións sensoriais, os sentidos, a psicomotricidade fina... pero sobretodo, quédome co moito que o gozamos. Só había que mirarlles as caras para ver o ben que o estaban pasando.

FOLERPAS DE NEVE

Seguindo coas actividades de inverno, hoxe fixemos unha actividade dirixida onde había que prestar moita atención, xa que non era fácil seguir as ordes que nos daban para conseguir facer as nosas folerpas de neve.

Como sempre quedounos xenial, e sobretodo porque o facemos con moitas ganas.

PROPOSTAS DE INVERNO

Xa que estamos metidos de cheo no inverno non podiamos deixar escapar estas datas para levar a cabo aprendizaxes dun xeito lúdico. 

Aquí vos deixo unha pequena mostra dalgúns dos recursos que temos na aula: series, coordinación motórica, esquema corporal...

APRENDIZAXE SIGNIFICATIVO

Hai días na aula en que, as pequenas e pequenos nos "aprenden" aos adultos que os rodeamos, e móstrannos que a convicción de que o mestre é un guía e que eles son os protagonistas do seu proceso de ensino é totalmente certa. Neses grandes momentos de aprendizaxe autónoma onde poñen en marcha todo as súas capacidades. 

Mesa de luz onde fixeron agrupacións por cores e contaban cantos tiñan de cada cor.

VOLTA A RUTINA

Xa estamos de volta, e como sempre cheos de grandes ideas e novas aprendizaxes. A volta a rutina chegou acompañada de moito frío, e así o comprobamos no noso patio onde estaba todo xeado. Pero non por iso deixamos de gozar de ese gran momento de xogo libre onde deixamos voar a nosa imaxinación.

E como non podía ser doutro xeito, achegámonos as cores de inverno (azul, violeta e blanco) da man de Frozen. Gozamos moitísimo pintando libremente con pincel coas diferentes cores e creamos uns preciosos cadros de inverno.

Unha vez seco fixemos con xiz unhas fermosas folerpas de neve...

Como vedes a semana deu para moito, pero iso non foi todo, tamén atopamos novas propostas de aprendizaxe autónomo dentro dos nosos estantes.

MARTIÑO

Polo que me tedes dito estes días, declarámonos fans incondicionales do conto "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS". Como tal volo deixar aquí para que o podades gozar con eles.

BO NADAL, FAMILIAS!!

AGASALLOS

Hoxe tivemos unha gran sorpresa no cole, cando chegamos había un gran saco de Papá Noel colgado na porta cheo de agasallos.

Agradecemos a ANPA o detalle que tivo cas pequenas e pequenos.

NADAL CATRO ANOS

Bo Nadal para todos:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut