Skip to Content

FESTA DA COCA do 2 ao 6 de xuño EN REDONDELA.


Conta a lenda que, fai moitos séculos, vivía cerca de Redondela un dragón que de cando  en vez chegaba á vila para levar a unha moza a súa cova. E o fixo varias veces, ata que os  mariñeiros máis novos se encheron de coraxe e  acordaron encararse ao monstruo.Despois dunha dura loita sairon victoriosos. Xa vencido o trouxeron para o pobo, ao mesmo tempo que liberaban ás mozas que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros, cando os valentes mariñeiros , colleron as espadas e empezaron a bailar arredor do  dragro morto"

A orixe desta manifestación pérdese na noite dos tempos.Non cabe dúbida que renace e se extende dende a Idade Media, pois non se trata mais que dunha representación plástica do Demo, típicamente cristiana, de feito semellante a como se viña facendo e representando na escultura e pintura, tanto románicas como góticas. 

O loitar un Deus (ou un representante do mesmo) cunha serpe ou dragón é moi vello, tanto que xa existía nas relixións antigas.

A primeira denominación que temos documentada e a de "coquetriz" ( Ourense 1437 ), que non é mais que un crocodrilo. No texto galego de Ourense non é mais que o dragón que ia na procesión do Corpus levado polos zapateiros. Non cabe dúbida pois, que o nome ven do latín cocatrix ( crocodilo ), e que xa se atopa a mediados do século XV ( 1441 ) nun documento de Ourense tal e como se di agora : coqa e qoqa.

A Celebración

 
As penlas van vestidas de branco con ás de anxos

Para relembrar esta lenda ancestral, tódolos anos, no desfile do Corpus Christi sácase á rúa a figura da Coca, e realízase a Danza das Espadas e o Baile das Penlas:

  • A orixe da Danza das Espadas xa queda rexistrada o falar da Coca e as Penlas, pois foron os mariñeiros os que acabaron có fero e mítico Dragón, que ven a ser a representación plástica del Demo, xirando o redor del as dúas danzas. As primeiras novas que hai desta danza en Redondela datan do século XVI, no que o concello lle ordena ós gremios que asistan á procesión do corpus.
  • Pouco se sabe das Penlas redondelanas, tan só que chegaron ata os nosos días sin sufrir grandes cambios, excepto no referido á indumentaria. Actúan cos danzantes das espadas, formando un único conxunto  coreográfico. Ó largo dos anos foron sufrindo unha serie de modificacións, co que as penlas de hoxe en día teñen unha serie de diferencias coas de antaño.

Esta tradición converteuse nunha festa que dura varios días nos que hai un amplo programa de espectáculos, concertos, exposicións e verbenas nocturnas. Tendo en conta os antecedentes, non sería de extrañar que esta representación diabólica fose coñecida dende moi antigo e que ó establecerse o Corpus empézanse a escenificala públicamente, o mesmo que outras historias e lendas relixiosas.

Temos unha pequena xoia literaria que nos ilustra a festa da Coca de Redondela, son os ben coñecidos BOLECHAS:

 

AdxuntoTamaño
PROGRAMA COCA 2010.pdf3.19 MB


blog | by Dr. Radut