Skip to Content

PRESENTACIÓN DOS ESPAZOS DE INFORMACIÓN XUVENIL

 

O vindeiro xoves 28 de abril ás 19:00 horas, terá lugar na biblioteca do Ceip Raquel Camacho a presentación dos Espazos de Información Xuvenil da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, xestionados desde o servizo de Mocidade.

Persoal do Espazo situado no Centro Ágora, ofrecerá unha charla para presentar aos pais e nais os servizos de informacion, asesorías e programas xuvenís cos que contan: información sobre temas educativos, formación profesional, universidade, bolsas, cursos, Garantía Xuvenil, programas de mobilidade, campamentos, actividades de lecer e tempo libre...

Terán preferencia de asistencia as familias d@s de nen@s de 6º de primaria xa que as actividades que ofertan son a para nen@s a partir de 12 anos.

Para confirmar a vosa asistencia teredes que enviar un email ao correo do Anpa anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

Animádevos! Teñen moitas cousas que contarnos e moi interesantes!!



page | by Dr. Radut